Aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Vilaboa con data do 25 de xuño de 1998 o Plan parcial do parque empresarial de Bértola-Vilaboa (Pontevedra), que segundo o disposto no artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os efectos de expropiación forzosa.
Vistos os artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, polo que se aprobou a Lei do solo de Galicia así como os artigos 199 e seguintes do R.D. 3288/1978, do 25 de agosto, polo que se aprobou o Regulamento de xestión urbanística, sométese a información pública a relación de bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do mencionado parque empresarial, de conformidade co planeamento aprobado.
O expediente estará exposto no Concello de Vilaboa e na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, para coñecemento público durante 15 días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas, na Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sito na r/ Alcalde Hevia, s/n, Pontevedra.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1999.
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda
e Solo

