Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Con data do 5 de outubro de 1998, foi aprobado técnica e definitivamente o modificado nº 1 do proxecto de colectores de augas residuais, canalización do río Anllóns e EDAR en Carballo, separata para tramitación de expropiación.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa e concordantes do seu regulamento, esta Alcaldía resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que máis adiante se dirá, para que comparezcan na Casa do Concello de Carballo o día 26 de xullo de 1999, ás once horas, co fin de proceder ó levantamento das actas previas para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da urxente ocupación, declarada por Decreto 144/1999, do 23 de abril, da Xunta de Galicia, sen prexuízo de trasladar ó lugar os medios que se considere necesario.

Relación de bens afectados:

Nome e apelidos: María García Becerra.

Domicilio: Ferradal, 15-Bértoa.

Superficie m: 450.

Lugar: Ferradal-Bértoa.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, e poderán facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos ou notarios.

Carballo, 23 de xuño de 1999.

Manuel Varela Rey

Alcalde