Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 23 de xullo de 1999 Páx. 9.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-334).

O Concello Pleno, en sesión do día 31 de maio de 1999, tomou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o expediente de estudio de detalle da UE nº 1 El Argentino, sito en Mera-Oleiros, que é o que se refire ó documento presentado co número de rexistro de entrada 6.311 do 7-5-1999, e no que se recollen as condicións aprobadas con motivo da súa aprobación inicial e, ademais, tamén se deberán recolle-las seguintes:

Prohíbese o uso de garaxe aparcamento na servidume de protección.

Solicitarase a autorización da Comunidade Autónoma para aborda-la implantación dos usos previstos na servidume de protección.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá interpoñer contra esta resolución, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 22 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta en funcións