Por resolución desta Alcaldía nº 3219/1999, con data do 2 de xuño de 1999, acordouse aprobar inicialmente os estatutos da entidade de conservación Monte do Sino, en parte do SUNP A-33, en Montrove-Liáns.
Acoudouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo das 9 ás 13 horas tódolos días laborables, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 24 de xuño de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa-presidenta en funcións

