No BOP de Ourense nº 154, do día da data, publícanse os pregos de condicións do concurso para a subministración de árbores nobres a esta deputación, co seguinte detalle:
Lote nº 1: castiñeiros (Castanea Santiva): 43.000.
Lote nº 2: cerdeira brava (Prunus Aviun): 11.500.
Lote nº 3: carballo americano (Quercus Rubra): 19.000.
Lote nº 4: carballo do país (Quercus Robur): 2.500.
Lote nº 5: nogueira (Junglans Regia): 4.500.
Lote nº 6: nogueira negra (Junglans Nigra): 7.000.
As ofertas e a documentación deben presentarse no rexistro xeral da deputación ata as 12 horas do próximo día 6 de setembro; a apertura da documentación realizarase ás 12 horas do día 7 do mesmo mes no Pazo provincial.
As condicións e os requisitos figuran no mencionado prego de condicións, que será facilitado gratuitamente ós que o soliciten na secretaría da deputación provincial (rúa Progreso, 32; nº de teléfono: 988 38 51 00, nº de fax: 988 38 51 84).
Ourense, 8 de xullo de 1999.
O presidente
Rubricado

