Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.606

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de xullo de 1999 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de xuño de 1998.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de xuño de 1998 (DOG nº 121, do 25 de xuño), para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatísticos mediante a Orde do 29 de marzo de 1999 (DOG nº 77, do 23 de abril), pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron este.

Verificada a concorrencia dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria e realizado o acto previsto na Orde do 28 de xuño de 1999.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia, demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala supe

rior de estatísticos, os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta orde, ordenados de acordo coa puntuación final obtida e adxudicándolles como destinos provisionais os que figuran no anexo.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

Terceiro.-O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán impugnala ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública