Neste organismo autónomo achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Portorrosa, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.
No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve des
crición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo dispón a lexislación vixente.
Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no
encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071. Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.
O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.
Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Aranga (A Coruña).
Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:
-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:
Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.
Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: edificios administrativos Monelos, praza de Luis Seoane, 1ª planta, 15008 A Coruña.
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.
-Estudio de efectos ambientais:
Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.
Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: edificios administrativos Monelos, praza de Luis Seoane, 5ª planta, 15008 A Coruña.
Concello de Aranga: praza Maestro Mosquera, 1, 15317 Aranga (A Coruña).
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia
ANEXO
Relación de peticionarios
Peticionario e promotor: Compañía Gallega de Minicentrales, S.A.
Enderezo: r/ Hórreo, 35, entreplanta, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
Representante: Manuel Peiró Herrera.
Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no regato Portorrosa.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal máximo derivado: 1.200 l/sg.
Corrente de derivación: regato Portorrosa (cota do escorredoiro: 423).
Corrente de restitución: río Mandeo (cota de finalización: 315).
Desnivel (salto bruto): 106,5 m.
Altura do azude: 7,7 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).
Potencia xerador: 1.150 kVA.
Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Aranga (A Coruña).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude e obra de toma:
O azude proxectado é de gravidade con cota de contacto co leito do río 420 m e cota de escorredoiro
de 423. A lonxitude do escorredoiro é de 12 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo, gobernado por unha comporta manual. Na marxe esquerda situouse unha escala de peixes.
Para a toma de augas practícase unha fiestra no azude na súa marxe dereita ata desembocar no encanamento de derivación.
Como acceso ó azude acondicionarase e ampliarase un camiño de terra que parte da estrada que vai a Pousadoiro.
-Conducción de derivación e encanamento forzado:
O encanamento de derivación, dunha lonxitude de 680 m, cun diámetro de 900 mm e de aceiro, remata no encanamento forzado.
O encanamento forzado remata na central, e a súa lonxitude total é de 190 m, cun diámetro de 800 mm e espesura de 5-7 mm .
A unión entre ambos encanamentos faise directamente, sen cheminea de equilibrio.
-Central:
O edificio terá unhas dimensións en planta de 14,6 mx13,6 m e aloxará os equipos electromecánicos. Como acceso empregarase o camiño duns 1.000 m a partir da vila de Ermida de San Cibrán.
-Equipos electromecánicos:
Instalaranse unha turbina PELTON, de eixe horizontal, para un caudal de equipamento de 1.200 l/sg, velocidade nominal de 750 r.p.m. e potencia en eixe de 1.030 kW.
Á turbina acoplaráselle un xerador sincrono-trifásico, de potencia en bornas 1.150 kVA e tensión 6.000 V.
O transformador será trifásico, cunha potencia de 1.300 kVA, e unha relación de 15-20 kV ±2.5±5/6000 V.
Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.
* Afeccións:
Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.
Peticionario e promotor: Alberto Gómez Díaz.
Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, 2, 2º D, 15300 Betanzos (A Coruña).
Representante: Alberto Gómez Díaz.
Denominación do aproveitamento: aproveitamiento hidroeléctrico Ponte Reboredo.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal máximo derivado: 1.000 l/sg.
Corrente de derivación: río Portorrosa (cota escorredoiro: 427).
Corrente de restitución: río Mandeo (cota de restitución: 355).
Desnivel (salto bruto): 72 m.
Altura do azude: 3,5 m (altura sobre fondo de cimentación).
Potencia xerador: 750 kVA.
Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Aranga (A Coruña).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude e obra de toma:
O azude será de gravidade, á cota de leito 425, situando o escorredoiro á cota 427. A lonxitude total do azude será de 30 m.
A captación de augas efectuarase pola marxe dereita, dispoñendo antes un flotador, unha rexa de protección, un limparreixas automático e comportas de peche, seguidos dunha cámara de sedimentación.
O acceso ó azude efectuarase desde a ponte que salva o rego da Portorrosa no lugar de Ponte Reboredo, mediante un desvío de 200 m.
-Encanamento forzado:
O encanamento vai todo soterrado e será de aceiro ó carbono, cun diámetro de 700 mm. A espesura prevista é de 6 mm.
-Central:
A central, con dimensións en planta 8x5, e altura a parte inferior das cembas de 6 m, terá paredes de formigón con reboque liso e cuberta de lousa a dúas augas.
Para o acceso á central construirase un camiño duns 500 m que partirá do camiño de San Cibrán cara ó río Mendo.
-Equipos electromecánicos:
A turbina será do tipo FRANCIS de eixe horizontal, cunha velocidade nominal de 750 r.p.m. e un caudal de deseño de 1.000 l/sg.
O xerador será síncrono trifásico, con potencia en bornas de 750 kVA, velocidade síncrona de 750 r.p.m. e tensión 6 kV.
Tamén haberá otros equipos auxiliares.
* Afeccións:
Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

