Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-344).

Por resolución desta Alcaldía nº 3851/1999, do 30 de xuño de 1999, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización relativo ó SUNP D-15-R, en Romardeiro-Liáns, tramitado por Irco, S.A. e outros.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, que computará desde a derradeira publicación prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 30 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta en funcións