Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO do 14 de xullo de 1999 sobre licitación de obras.

O Pleno deste concello, na súa sesión extraordinaria do 13 de xullo de 1999, aprobou o expediente de contratación e o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso por procedemento aberto (tramitación ordinaria) das obras que se relacionan no punto 2, que se expón ó público polo prazo dos oito primeiros días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas. As licitacións poderanse aprazar no caso de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Pleno do Concello.

2. Obxecto do contrato:

a) Obra nº 59/PB/1999. Denominación: urbanización de travesía na Saínza, Santa Baia e Rairiz de Veiga. Orzamento: 13.000.000 de ptas. Financiamento: estado (MAP) 5.200.000 ptas. Deputación provincial: 4.868.500 ptas. Concello: 2.931.500 ptas. Garantía provisional: 260.000 ptas. Prazo de execución: 3 meses.

b) Obra nº 70/11 do Plan de Comarcas de Acción Especial de 1999. Denominación: rede de sumidoiros en Azureiros e Filgueiras. Orzamento: 10.104.000 ptas. Financiamento: estado (MAP) 5.052.000 ptas. Deputación: 2.773.548 ptas. Xunta de Galicia: 2.278.452 ptas. Garantía provisional: 202.080 ptas. Prazo de execución: 3 meses.

c) Obra nº 367/1 do PIEL do Fondo de Cooperación Local de 1999. Denominación: rede de sumidoiros en Rosén, Xuxá e A Gaiosa (Ordes). Orzamento: 11.758.619 ptas. Financiamento: Xunta de Galicia: 11.758.619 ptas. Garantía provisional: 235.172 ptas. Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Criterios de selección: os sinalados na cláusula III do prego de cláusulas administrativas.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Garantías. Provisionais: indícanse no punto 2 deste anuncio. Definitivas: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

7. Obtención da documentación e información: Secretaría do Concello, praza do Concello, 1. 32652 Rairiz de Veiga. Teléfono: 988 46 55 52. Fax: 988 46 55 55, ata o día anterior ó do remate de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG. Documentación: a esixida no prego. Lugar de presentación: Concello de Rairiz de Veiga, das nove ás catorce horas.

9. Apertura de ofertas: día 2 de setembro de 1999 ás doce horas, e se ese día aínda non rematase o prazo de presentación de proposicións, a apertura terá lugar o terceiro día hábil seguinte ó do remate do devandito prazo (excepto sábados) no salón de plenos deste concello.

10. Gastos de anuncios: por conta dos adxudicatarios.

Rairiz de Veiga, 14 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado