Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

EDICTO.-ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en San Cibrao.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 22-5-1999, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento en San Cibrao.

Esta modificación puntual, segundo consta no documento técnico achegado polos promotores, afecta o solo da zona sur do núcleo de San Cibrao, parte posterior da agrupación escolar de Galdín e contorno da zona residencial da Florida: constitución do sector único Río Covo Norte.

Este anuncio efectúase para cumprir co establecido no artigo 48 en relación co artigo 50, ámbolos dous da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na cidade da Coruña, no prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio, segundo determina o artigo 8 da lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así mesmo, reflíctese que, segundo establece o artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, cando a Administración interpoña recurso contencioso-administrativo contra outra, poderá requirila previamente para que derrogue a disposición, anule ou revogue o acto, faga cesar ou modifique a actuación material, ou inicie a actividade a que estea obrigada.

Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas exerzan os recursos ou as accións que entendan convenientes para a defensa dos seus lexítimos intereses.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Cervo, 29 de xullo de 1999.

Roberto Álvarez Fernández

alcalde