Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello de Cuntis, en sesión do día 25 de xuño de 1999, o estudio de detalle para aliñacións, no lugar de Sebil, parroquia de Cequeril, tramitado por instancia de Rodolfo Zambrana Fariña, sométese a información pública polo prazo dun mes, para efectos de reclamacións, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.
Cuntis, 28 de xuño de 1999.
Eduardo Rey Rodríguez
Alcalde

