Nos boletíns oficiais da provincia números 127, 128, 129 e 130 con datas do 6, 7, 8 e 9 de xullo publícanse integramente as bases para cubri-las prazas vacantes icluídas dentro da oferta pública de emprego de 1999 dentro do cadro do persoal funcionario e laboral que se relacionan:
Persoal funcionario:
Unha praza de sarxento da policía local, BOP do día 6-7.
Unha praza de auxiliar administrativo, BOP do día 7-7.
Persoal laboral:
Unha praza de auxiliar de servicios sociais, BOP do día 7-7.
Unha praza do conductor, BOP do 7-7.
Unha praza de coordinador/a sociocultural, BOP do día 8-7.
Unha praza de Inspector/a de obras, BOP do día 8-7.
Tres prazas de oficiais de 2, BOP do día 9-7.
Dúas prazas de peóns, BOP do 9-7.
Os interesados poderán presenta-las súas solicitudes no prazo de vinte días a partir da publicación deste anuncio no BOE.
Gondomar, 13 de xullo de 1999.
Alejandro Gómez Garrido
Alcalde accidental

