Obxecto: a adxudicación das obras de aforro enerxético nas instalacións municipais.
Tipo de licitación: 12.000.000 de ptas.
Pregos: quedan expostos para posibles reclamacións durante os 8 primeiros días de exposición do anuncio.
Fianzas: provisional 2% tipo, definitiva 4% tipo.
Presentación de proposicións: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG (último deles), no rexistro xeral do concello das 9 ás 14 horas, de luns a venres.
Apertura de proposicións: as 13 horas do día hábil seguinte ó do final do prazo para presentación.
Modelo de proposición e documentación: os recollidos nos pregos.
Este anuncio será por conta do adxudicatario.
Muxía, 14 de xullo de 1999.
O alcalde
Rubricado

