Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 19-7-1999 e do disposto nos artigos 79 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte contrato de obra.

1. Obxecto: modificación do encanamento xeral de abastecemento de auga de Ribadeo, no cruzamento coa estrada LU-132.

2. Tramitación: urxente.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: 6.282.064 ptas. (37.755,97 euros) IVE incluído, con cargo á partida 99/441.601.

6. Prazo de execución: tres meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 125.641 ptas. (755,12 euros).

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo E, subgrupo 1, categoría c), non imprescindible.

11. Presentación de ofertas: durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do artigo 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándoo neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego de condicións económico-administrativas particulares está á disposición de tódolos contratistas interesados, nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, praza de España, nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público das 9 ás 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición.

Don/a ..... veciño/a de ....., con enderezo en ....., titular do DNI nº....., en nome propio (ou en representación de .....), conforme acredito con poder suficiente), coñecedor/a da poxa tramitada polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de modificación da rede xeral de abastecemento de auga no cruzamento coa estrada LU-132 comprométese a executalas na forma determinada no prego de cláusulas administrativas, que integramente acepto, por un prezo de ....., ptas. (En letra e número).

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego de condicións, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria ós licitadores.

Ribadeo, 19 de xullo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde