O Pleno do Concello, na sesión do 7 de maio de 1999, aprobou definitivamente a subdivisión da unidade de actuación número 6(UA-6) de Pontepedriña e delimitación da subunidade A, presentada pola Productora y Constructora Touro, S.L.
O ámbito da actuación está comprendido entre as seguintes estremas:
-Norte: Emilio Santasmarinas.
-Sur: Daniel González Mourelle.
-Leste: camiño público.
-Oeste: estrada N-525 (Santiago de Compostela-Ourense).
Contra o acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante o Pleno do Concello no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, o acto de aprobación definitiva poderá impugnarse directamente en vía xudicial mediante a interposición de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
No suposto de que se interpoña recurso administrativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non se resolva expresa ou presuntamente o de reposición. En tal caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución expresa do de reposición ou no que este deba entenderse presuntamente rexeitado. Neste último caso, o prazo para interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo é de seis meses.
Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.
Xosé A. Sánchez Bugallo
Alcalde

