Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 27 de xullo de 1999 Páx. 9.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o proxecto de urbanización da rúa Viñao, neste concello, durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte á inserción deste anuncio no DOG, estará exposto ó público, e poderá ser examinado nas dependencias do Servicio de Obras, en horario de 8 a 14.30, de luns a venres, e os sábados de 9 a 13 horas; durante o dito prazo poderán presentarse as reclamacións que se consideren pertinentes.

Para o caso de que non se presentasen reclamacións dentro do prazo indicado, a aprobación inicial converterase en definitiva sen necesidade de novo acordo.

O Carballiño, 1 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado