Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 28 de xullo de 1999 Páx. 9.734

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de xullo de 1999 pola que se nomea persoal interino do grupo B, escala de inspectores de Turismo na Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Por orde desta consellería do 10 de maio de 1999 (DOG nº 91, do 13 de maio) convocáronse probas selectivas para a cobertura de 14 postos de traballo vacantes nos servicios dependentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo correspondentes ó grupo B, escala de inspectores de Turismo da Xunta de Galicia, mediante o nomeamento de persoal interino.

Realizadas as probas e publicada a proposta do tribunal dos aspirantes que as superaron, pola Resolución do 7 de xullo de 1999 (DOG nº 132, do 12 de xullo), unha vez presentada e comprobada a documentación esixida pola base oitava da convocatoria, esta consellería, de conformidade co establecido na base novena da orde de convocatoria e facendo uso da facultade conferida polo artigo 13.2º.9 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear persoal interino do grupo B, escala de inspectores de Turismo da Xunta de Gali

cia, os aspirantes propostos polo correspondente tribunal que a continuación se especifican:

Apelidos e nomeDNI

Esmorís Varela, Carlos Alberto52.433.693

Ferrero González, Felipe Paulino35.303.959

Santos Pena, María Teresa33.859.344

Rodríguez Mourille, Cecilio35.566.141

Toubes Navarro, Mercedes Patricia33.281.113

Bacariza Cortiñas, Santiago Xosé33.265.925

Suárez Barra, Micael36.097.287

García Otero, Miriam52.483.147

Pousa Cobas, Ana María33.275.771

Cortiñas Fernández, Silvia33.291.122

Fernández Castro, Mª Ana de Jesús34.261.678

Martínez Sieira, Juan Luis16.036.847

Mallo Rama, Pilar76.350.422

Cimas Hernando, Ana Teresa09.748.303

Segundo.-Os aspirantes nomeados deberán tomar posesión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de non incorporarse ó respectivo posto de traballo asinado no prazo indicado anteriormente, decaerán nos seus dereitos, agás nos casos de forza maior.

Terceiro.-O Servicio de Persoal da unidade administrativa á que sexan destinados os nomeados deberá remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública unha copia das dilixencias de toma de posesión.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, e poderá impugnala directamente perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública