Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 28 de xullo de 1999 Páx. 9.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador C-96/98 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución, dictada pola instructora nos expedientes que por infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 23 de xuño de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-96/98.

Denunciado: Manuel Cuíñas García. Enderezo: río Oitavén, 7-5º A, Caeira-Poio.

DNI: 35.299.354.

Feitos denunciados: cazar con 3 cans e escopeta dentro do couto privado de caza PO-10.143, carecendo da debida autorización, ás 18.10 horas do día 18-10-1998, lugar de Oubiña, concello de Cambados.

Data do acordo da incoación: 14-12-1998.

Alegacións á incoación: presenta escrito no que di que descoñecía a condición de acoutado do lugar.

Data da proposta de resolución: 22-4-1999.

Precepto infrinxido: 58.27º, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: 61, da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 ptas. e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.