Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Mércores, 28 de xullo de 1999 Páx. 9.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Barcés, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/54/98.

Neste organismo autónomo achegouse unha petición de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río Barcés, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese o peticionario do aproveitamento solicitado, onde figuran os datos máis relevantes que o definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que

se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados,

será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Carral (A Coruña).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais:

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental.

Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.

Concello de Carral: Campo da Feira s/n, 15175 Carral (A Coruña).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica del Arnoya, S.L.

Enderezo: Cantón Grande nº 6, 6º A, 15003 A Coruña.

Representante: Francisco Salazar Mitchell.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Barcés.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.200 l/sg.

Corrente de derivación: río Barcés (cota do escorredoiro: 155,5).

Corrente de restitución: río Barcés (cota de finalización: 95,5).

Desnivel (salto bruto): 60 m.

Altura do azude: 8,5 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia total xeradores: 1.155 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Carral (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

-Azude e obra de toma:

O azude proxectado é de gravidade con cota na base de 152 m e cota de vertedoiro de 155,5. A lonxitude do vertedoiro é de 16 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo, gobernado por unha comporta manual. Na marxe dereita situouse unha escala de peixes.

Para a toma de augas haberá unha fiestra no azude na súa marxe esquerda ata desembocar no encanamento de derivación.

Como acceso ó azude acondicionarase un camiño que parte da estrada que vai de Carral a Meirama entre os p.k. 7 e 8, ampliando uns 100 m.

-Conducción de derivación e encanamento forzado:

O encanamento de derivación, dunha lonxitude de 1.000 m, cun diámetro de 1.200 mm e de aceiro, remata no encanamento forzado.

O encanamento forzado remata na central, é de aceiro ó carbono e a súa lonxitude total é de 125 m, cun diámetro de 1.000 mm e espesura de 5-7 mm .

A unión entre ámbolos encanamentos faise directamente, sen cheminea de equilibrio.

-Central:

O edificio terá unhas dimensións en planta de 26 mx20 m e aloxará os equipos electromecánicos. Como acceso acondicionarase un camiño de terra que parte da estrada que vai de Carral a Meirama, á altura do p.k. 6.

-Equipos electromecánicos:

Instalaranse dúas turbinas FRANCIS, de eixe horizontal. Unha delas para un caudal nominal de 600 l/sg, velocidade nominal de 600 r.p.m. e potencia en eixe de 282 kW. A outra para un caudal nominal de 1.600 l/sg, velocidade nominal de 600 r.p.m. e potencia en eixe de 754 kW.

A cada turbina acoplaráselle un xerador síncrono-trifásico, de potencias 315 e 840 kVA respectivamente e tensión 6.000 V.

O transformador será trifásico, cunha potencia de 1.300 kVA, e unha relación de 15-20 kV±2.5±5/6.000 V.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións:

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais:

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.