Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Amigos del Camino de Santiago en Cartagena, do 24 de xuño de 1999.
Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.
Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3º.
Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,
RESOLVO:
Que a Asociación Amigos del Camino de Santiago en Cartagena quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 104.
Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo