Visto o expediente de María Esther Carballo Alcaine, titular das concesións de viveiros flotantes denominados Mapes VI I, Mapes VI II, Mapes VI III, Mapes VI IV e Mapes VI V, outorgadas segundo a Orde do 23 de decembro de 1988, no polígono I do distrito marítimo de Cambados.
Considerando que con data do 15 de setembro de 1989 se declarou a caducidade dos citados títulos concesionais e contra a dita resolución foi interposto recurso de reposición por María Esther Carballo Alcaine e desestimado por Resolución do 29-11-1989; e que contra ambas resolucións a demandante interpuxo recurso contencioso-administrativo resolto por sentencia desestimatoria do 7 de abril de 1993.
Considerando que, interposto recurso de casación por María Esther Carballo Alcaine o Tribunal Supre
mo con data do 17 de febreiro de 1999, dictou sentencia e a decisión desta é a seguinte:
«Que debemos estimar e estimámo-lo recurso de casación interposto contra a sentencia dictada nestes polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 7 de abril de 1993, e que, entrando a coñecer do fondo do asunto, debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por María Esther Carballo Alcaine contra as resolucións do conselleiro de Pesca da Xunta de Galicia do 15 de setembro de 1989 e 29 de novembro do mesmo ano polas que se declarou a caducidade das concesións outorgadas a María Esther Carballo Alcaine, que anulamos por non seren conformes a dereito, declarando o do demandante a continuar na súa explotación, de conformidade coa solicitude de cambio no seu día presentada».
A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura dispón, conforme o establecido nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, que se cumpra nos seus propios termos a referida sentencia.
En virtude do anterior, e conforme a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, o Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros, e considerando o acordo da comisión de revisión e reordenación de polígonos de viveiros flotantes da provincia marítima de Vilagarcía, na reunión celebrada con data de 9 de xaneiro de 1992.
Tendo en conta que por Orde do 12 de febreiro de 1999, se aprobou a reordenación dos polígonos de bateas denominados A, B, C, D, E, F, H e I, situados no distrito marítimo de Cambados, provincia de Pontevedra, en virtude da cal o polígono I pasou a constituirse no novo polígono A de Cambados.
Esta consellería, facendo uso das súas competencias e das facultades que ten conferidas,
RESOLVE:
Incluí-las bateas Mapes VI I, Mapes VI II, Mapes VI III, Mapes VI IV e Mapes VI V nas bases de revisión dos polígonos A, B, C, D, E, F, H e I de Cambados e, en consecuencia, no acordo de reordenación dos citados polígonos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderanse interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes perante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación ou publicación, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 8 de xuño de 1999.
P.D. 17-12-1997 (DOG 246, do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral de Pesca, Marisqueo e Acuicultura