Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.880

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 226/1999, do 2 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en navegación, pesca e transporte marítimo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 721/94, do 22 de abril, establece o título de técnico superior en navegación, pesca e transporte marítimo e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que lles posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolven nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos

do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dos de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en navegación, pesca e transporte marítimo, regulado polo Real decreto 721/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: navegación, pesca e transporte marítimo.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Planificar e dirixi-la navegación, seguridade do buque e tripulación observando a normativa nacional e internacional. Planificar e dirixi-las operacións de carga, descarga e estiba, así como as actividades extractivas, controlando e optimizando a producción.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpreta-la información e executa-las operacións de control da estabilidade do buque.

* Traza-la derrota do buque e efectua-lo seu posicionamento en calquera tipo de navegación e condicións.

* Realizar calquera tipo de comunicacións utilizando medios visuais, acústicos ou electrónicos.

* Planificar e executa-las manobras de pesca con calquera tipo de aparello ou arte, realizando o seu armado e reparación e interpreta-las funcións das diversas instalacións e equipos para alcanza-los obxectivos da producción.

* Avalia-los rendementos pesqueiros dos caladoiros e defini-las características máis idóneas das artes ou aparellos que hai que empregar, en función das súas peculiaridades.

* Organiza-la asistencia sanitaria e as medidas hixiénicas necesarias a bordo e aplica-los coidados sanitarios a enfermos e accidentados a bordo do buque.

* Organiza-la seguridade do buque, dirixindo e actuando con prontitude e destreza en situacións de loita contra incendios e abandono do buque.

* Ter unha visión global do conxunto de manobras encamiñadas a obter un control seguro e sempre en flotación do buque.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar con prontitude e destreza nas situacións de urxencia.

* Avalia-las situacións de urxencia e aplica-las medidas correctoras actuando con prontitude e destreza en cada continxencia.

* Diferenciar qué situacións poden dar lugar a actuacións legais (protestas, reclamacións por avarías, peritaxes, liquidacións por avarías) e executa-las actuacións oportunas.

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións dos seus subordinados e das súas propias, no marco das normas e plans establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organiza-las operacións comerciais e legais do transporte por mar (despachos, contratos de arrendamento, póliza de fretamento, concertos de embarque) e executa-las actuacións oportunas.

* Ter unha visión de conxunto e coordinada das fases relativas ós aspectos técnicos e organizativos dos procesos de pesca, navegación e transporte.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

2.2.4. Capacidade para adaptarse ó medio:

* Participar xunto co inspector da casa armadora nas probas, melloras e ensaios que permitan un mellor aproveitamento da instalación.

* Posuír unha visión global e integrada do proceso productivo relativa ós diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos relacionados con este.

* Adaptarse a novas situacións técnicas e laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía:

* No mando de buques con certas limitacións, dedicados á pesca e/ou ó transporte de carga, con excepción dos buques tanque e/ou con cargas perigosas.

* Na planificación e dirección en buques, con certas limitacións, dedicados ó transporte de pasaxeiros, que navegan por augas seguras nas que pode recibir axuda inmediata en caso de urxencia.

* Na realización da garda de navegación en buques con certas limitacións.

* No establecemento das comunicacións co exterior.

* No despacho e administración económica e laboral do buque.

* No manexo dos medios de carga, descarga e equipo de manobra.

* Na interpretación correcta da información radar para evitar abordaxes e embarrancamentos.

* Na manobra de largar e vira-la arte ou o aparello de pesca.

* Na interpretación da información obtida a través dos equipos de detección da pesca.

* Nas operacións de carga, descarga, estiba e trimado.

* Na organización e control da seguridade no traballo.

* Na asistencia sanitaria a enfermos e accidentados.

* Na análise e elaboración de prediccións meteorolóxicas.

* Na planificación da estiba da carga no buque ó seu mando.

* No armado e reparación das artes e aparellos de pesca.

* Nas operacións de elaboración, procesado e conservación dos productos da pesca.

* Na representación do armador no buque ó seu mando.

2.4. Unidades de competencia:

1. Planifica-la administración do buque e o transporte por mar.

2. Planificar e supervisa-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque.

3. Planificar e supervisa-la derrota e goberno do buque en tódalas condicións e circunstancias.

4. Planificar e dirixi-las actividades extractivas, avaliando o seu rendemento, optimizando e controlando a producción.

5. Verifica-lo cumprimento das normas en materia de seguridade e supervivencia.

6. Organizar e aplicar medidas de atención sanitaria urxente, en caso de enfermidade ou accidente a bordo.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: planifica-la administración do buque e o transporte por mar:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Planifica-lo aprovisionamento e avituallamento do buque, calquera que sexa a viaxe que se vai realizar.* Os consumos do buque (auga, aceite, combustible) fanse seguindo as normas establecidas, evitando a contaminación do medio.
* As provisións de boca están almacenadas convenientemente, evitando a súa deterioración e conseguintes efectos tóxicos á tripulación.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os aloxamentos e acomodacións atópanse en estado de salubridade e hixiene aceptados por normas nacionais.

1.2.Organiza-lo transporte cumprindo coas cláusulas e condicións do transporte de mercadorías por mar.* O contrato de arrendamento do buque foi cuberto en tempo e forma correctos.
* Transportouse a carga cumprindo coas cláusulas e especificacións da póliza de fretamento.
* O coñecemento de embarque ou recibo do piloto, se é o caso, foi emitido no tempo e forma previstos.

1.3.Organizar administrativa e laboralmente o buque e a súa tripulación.* A protesta de mar, por avaría, naufraxio, arribada, abordaxe e ataque ou espolio da nave foi feita no tempo e forma adecuadas.
* Os incidentes do buque cubertos por clubs de protección e indemnización (casco, protección e indemnización) resolvéronse segundo se establece nas cláusulas.
* Realizáronse os remolques e salvamentos segundo as cláusulas dos contratos coas asociacións ás que pertence o buque.
* A reclamación por avarías presentouse en tempo e forma correctos.
* As peritaxes propias e as peritaxes conxuntas dos accidentes acaecidos, se é o caso, realizáronse de acordo coas pólizas, normas e regulamentos establecidos para o caso.
* As liquidacións por avarías presentáronse segundo as especificacións das pólizas, normas e regulamentos establecidos.
* Fixéronse os recoñecementos do buque coa periodicidade e na forma establecida nos contratos cos aseguradores.
* Os contratos da tripulación visáronse e asentáronse no rol segundo as normas nacionais.

1.4.Verifica-lo correcto cumprimento das disposicións, regulamentos, convenios e acordos internacionais vixentes en materia lexislativa.* Fíxose a declaración de sanidade en tempo e forma axeitados previa a entrada/saída do buque en porto, observadas as incidencias acaecidas durante o viaxe.
* Adoptáronse as precaucións sanitarias en función da zona a onde se dirixe o buque.
* Cubriuse debidamente o manifesto da carga, tanto en réxime de cabotaxe como en importación ou exportación por mar, e presentóuselle ó organismo responsable das alfándegas no tempo e forma adecuados.
* Cubriuse a lista de tripulantes e provisións segundo as normas nacionais e internacionais de despacho de buques.
* Solicitouse o servicio de practicaxe en forma e modo adecuados.
* Revisáronse os certificados e, en caso de caducidade, obtivéronse novos períodos de validez mediante extensións ou inspeccións.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Patente de navegación. Certificado de inscrición no Rexistro Mercantil. Contrato de fretamento. Contratos de traballo dos tripulantes. Cadro de organización dos servicios a bordo. Rol de despacho e dotación. Diario de navegación. Diario do servicio de radiocomunicacións. Acta de probas de estabilidade. Certificado de arqueo. Certificado internacional de franco-bordo.

Certificado de navegabilidade. Certificado de seguridade de material de armamento. Inventario do equipo de seguridade. Certificado de recoñecemento e inspección de balsas salvavidas. Certificado de recoñecemento e táboa de desvíos. Licencia de estación de barco. Certificado de seguridade radiotelegráfica e radiotelefónica. Certificado de recoñecemento do equipo de pesca. Diario de pesca. Libro de contabilidade. Cadernos de navegación dos tripulantes. Lista nominal de tripulantes. Declaración xeral. Manifesto de entrada ou saída. Manifesto da tripulación. Despacho de alfándegas. Despacho de sanidade. Listaxe de vituallas e provisións. Inventario de lubricantes, consumos e augada. Acta de defunción. Protesta de mar. Partes de avarías. Pólizas de fretamentos. Certificado de inspección e control da caixa de urxencias.

-Procesos, métodos e procedementos:

Solicitude de despacho de buque. Declaración xeral, declaración marítima de sanidade, manifestos da carga e da tripulación, asentos no diario de navegación para caso de delicto cometido a bordo, parte á autoridade de mariña ou consular. Protesta de mar. Libros de carga. Coñecemento de embarque.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Normas sobre despacho do buque polo organismo de alfándegas, Sanidade e Capitanía de Porto. Regulamento de recoñecemento de buques e embarcacións. Disposicións do Código de Comercio. Convenio de Xenebra de 1958 sobre mar aberto, Convenio de Bruxelas de 1957 sobre limitación de responsabilidade civil. Convenios de Bruxelas de 1952 sobre competencia penal e civil en materia de abordaxes. Contrato de arrendamento do buque. Pólizas de fretamentos. Coñecemento de embarque. Pólizas de seguro marítimo. Regulamentación nacional do traballo de pesca marítima. Vocabulario marítimo. Organización Marítima Internacional (OMI). Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar de 1974 e Protocolo de 1978. Normas nacionais complementarias. Marpol. Normas nacionais sobre caixas de urxencias regulamentarias.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Autoridades marítimas, sanitarias, de alfándegas e consulares. Capitanía de Porto, consignatarios e fretadores. Persoal de fonda, cuberta, elaboración e máquinas.

2.5.2. Unidade de competencia 2: planificar e supervisa-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Planifica-la correcta estiba da carga e distribución de pesos a bordo.* A distribución de fluídos en tanques e de vituallas e provisións en pañois, adegas e despensas foi convenientemente planificada para cumpri-los criterios establecidos sobre estabilidade e deixa-la embarcación cun asento adecuado.
* A orde e secuencia de consumos de combustible lastrado ou deslastrado da embarcación durante a marea, foi adecuadamente preestablecida para manter en todo momento unha estabilidade estática e dinámica suficiente.

RealizaciónsCriterios de realización

* A distribución da carga en adegas foi planificada convenientemente para cumpri-los criterios establecidos sobre estabilidade e mante-lo buque cun asento adecuado.
* Prevíronse os efectos das carenas líquidas sobre a estabilidade.
* O buque mantense en todo momento cunha reserva de flotabilidade adecuada respectando o francobordo mínimo que por época e zona lle corresponde.
* Prevíronse os efectos dos pesos suspendidos e das embarrancadas sobre a estabilidade.

2.2.Dirixi-las manobras do buque en calquera situación e circunstancia, manténdoo seguro e sempre en flotación.* A manobra de aproximación á embarcación ou estación do práctico fíxose tendo en conta o estado do mar, o tempo atmosférico e as mareas, así como a arrancada e a distancia de parada.
* O goberno do buque en ríos, esteiros, barras ou sitios angostos fíxose tendo en conta os efectos da corrente, vento e restriccións de calado, garantindo que o buque pode responder ó temón.
* As manobras en augas pouco profundas realizáronse tendo en conta a reducción da auga baixo a quilla e os efectos que isto pode ter para a gobernabilidade do buque.
* O atraque ou desatraque do buque en diferentes condicións de mar, marea e corrente fíxose controlando en todo momento o movemento do buque e as forzas e accións que deben aplicarse para corrixi-los efectos producidos por aquelas.
* A elección de fondeo, áncora, así como a lonxitude de cadea que hai que fiar realizouse tendo en conta o tipo de fondeadoiro, buque e tempo.
* O remolque foi dado ou tomado, tendo en conta as características do remolcador e remolcado, lonxitude, densidade de tráfico, derrota que hai que seguir, avaliando o estado actual e previsible do mar.

2.3.Dirixi-la manobra do buque en calquera situación de urxencia.* Verificouse o control manual do temón, facendo funciona-los medios mecánicos de goberno e sistemas de comunicación ponte/servo e viceversa para casos de urxencia, segundo a normativa.
* Exhibíronse as luces e fixéronse os sinais acústicos regulamentarios segundo os casos, o goberno do buque pasouse a manual e as áncoras foron preparadas para fondear.
* Activáronse as alarmas xerais de urxencia segundo o regulado en cada caso.
* Pecháronse as portas estancas, a máquina e a tripulación foron informadas nos casos de inundación, lume, embarrancada ou colisión.
* Os tanques e sentinas foron sondados despois dunha embarrancada ou colisión.
* Os efectos da caída de tensión, por fallos na subministración de forza nos equipos de navegación, foron avaliados e tidos en conta.
* A posición do buque foi transmitida á estación de radio/teléfonos nos casos que así o requiriu.

2.4.Organizar e dirixi-las operacións de urxencia para efectua-la busca e rescate de náufragos no mar.* A manobra de home á auga e a súa posterior busca, realizouse segundo as normas habituais de navegación para estes casos, establecéndose medidas de vixilancia e rastrexo máis convenientes segundo as circunstancias.
* A manobra de busca e rescate, así como as operacións con aeronave, realizáronse segundo os procedementos e os métodos establecidos por normas e regulamentos.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Telemotor de goberno, axiómetro, clinómetro, servomotor de goberno, telégrafo de manobra, teléfono de servomotor, asubío, vista clara, xogo de bandeiras do C.I. de sinais, lámpada morse, aldis, maquiniña, molinete, puntais, densímetro, defensas de man, tubo acústico, zapóns, portas estancas, bitas, guías, gateiras, escala de gato, aros salvavidas, azafrán, motóns, pastecas, tensores, gardacabos, grillóns, ganchos, lanteón, palanquín, cadernal, rizón, áncora, cadea, estopor, cabos, cables, mordazas, trincas, caderno de bitácora, hélice, trancanís, portas de desauguamento, embornais. Contedores, palés, elementos de estiba da carga.

-Procesos, métodos e procedementos:

Fondeo de embarcación. Manobra de atraque/desatraque. Buque en calados. Correccións por superficies libres. Embarcado/desembarcado de práctico. Almacenado e trincado de vituallas en pañois. Almacenado de provisións en despensas. Cálculo de estabilidade e trimado. Procedementos de estiba de carga: xeral, grandes pesos, sólidos e líquidos a granel, contedores, carga paletizada, carga refrixerada e conxelada.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Convenio internacional sobre liñas de máxima carga de 1966. Regulamento internacional de 1972 para previr abordaxes no mar. Regulamento de recoñecemento de buques e embarcacións de 1971. Criterio internacional de estabilidade da OMI Convenio internacional para a seguridade da vida humana no mar de 1974 e Protocolo de 1978. Normas nacionais complementarias. Normas para a realización da proba de estabilidade. Código internacional de sinais por bandeiras, lampexos e acústicos. Planos de formas do buque. Curvas hidrostáticas. Planos de disposición xeral, capacidades e coordenadas do centro de gravidade de adegas e tanques. Curva de evolución. Segregación de carga, manipulación, coidados e riscos. Código marítimo internacional de mercadorías perigosas (IMDG). Vocabulario marítimo OMI.

2.5.3. Unidade de competencia 3: planificar e supervisa-la derrota e goberno do buque en tódalas condicións e circunstancias:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Planifica-la derrota do buque calquera que sexa a viaxe que se vai realizar e as súas circunstancias.* O cuarto de derrota foi organizado segundo os métodos normalmente aceptados, coas cartas de navegación e publicacións de avisos e correccións postas ó día.
* As cartas e publicacións apropiadas para a viaxe foron seleccionadas.
* Obtívose e seleccionouse toda a información que pode ser de interese para a boa planificación da viaxe.

RealizaciónsCriterios de realización

* A derrota do buque foi trazada segundo os métodos normalmente aceptados para a navegación no mar, tendo en conta incidencias especiais como poden ser: augas restrinxidas, xeos, visibilidade reducida, zonas afectadas por mareas ou correntes e, cando proceda, os dispositivos de separación de tráfico.
* Os rumbos e as distancias trazadas para a viaxe calculáronse e medíronse con precisión.

3.2.Supervisar e controla-la posición do buque, fixando a situación en calquera circunstancia.* A hora cronómetro de a bordo foi observada e o seu E.A. establecido; o seu valor foi rexistrado no libro de cronómetros, así como o seu movemento diario.
* Os erros do sextante por perpendicularidade e paralelismo dos espellos foron reducidos ós seus valores mínimos e o erro de índice resultante rexistrado.
* O desvío do compás magnético obtívose mediante observacións terrestres ou astronómicas.
* A posición do buque fixada mediante a observación das alturas do sol, planetas e estrelas realizouse no tempo e a forma adecuados.
* A posición e velocidade do buque, así como abatementos e correntes obtivéronse mediante demoras, marcas ou enfilacións con observacións directas ou electrónicas de marcas terrestres, faros, balizas ou boias, así como mediante información electrónica.

3.3.Obter e utilizar adecuadamente a información subministrada polos equipos de radar para a axuda á navegación e prevención das abordaxes.* Verificouse que o equipo de radar non está afectado, polo emprazamento da antena do radar, por sectores de sombras e arcos de sensibilidade reducida, falsos ecos, nin se atopa nas proximidades dos compases que poidan perturbalo.
* Tomáronse as precaucións de seguridade nas proximidades das antenas co fin de evitar riscos de radiación.
* A detección de deficiencias na presentación de información, incluído ecos falsos e ecos de mar foi detectada e no posible corrixida cos mandos do propio equipo.
* O axuste inicial e a conservación da imaxe realizouse elixindo entre os diferentes tipos de presentación na pantalla radárica: (non estabilizada coa proa do buque arriba e movemento relativo); estabilizado coa proa do buque ou norte arriba e con movemento relativo ou movemento verdadeiro.
* Detectáronse e corrixíronse os efectos dos erros, na precisión da información presentada, debido á transmisión dos erros do compás, carril e axuste de velocidade.
* A comprobación do rendemento e alcance eficaz do radar fíxose con frecuencia e regularmente.
* A medición de distancias e marcacións para determina-la situación a partir de axudas á navegación (reflectores angulares, balizas, efectos dos accidentes topográficos, cartas radar) realizouse coa precisión e rapidez necesarias en situacións de visibilidade reducida, na entrada e saída de portos e na navegación costeira.
* O rumbo e a velocidade doutros buques obtivéronse a partir dos datos rexistrados durante punteos.
* Detectouse o momento de aproximación máximo entre o buque propio e outro que cruza, que vén de volta encontrada ou que alcanza, e calculouse a distancia á que pasa nese momento.

RealizaciónsCriterios de realización

* Detectáronse e determináronse os cambios de rumbo e velocidade doutros buques.
* Os cambios de rumbo e velocidade illados ou combinados do propio buque foron valorados.

3.4.Supervisar e controla-la garda de navegación de forma que se garanta, en todo momento, a seguridade do buque, a súa tripulación e pasaxeiros.* Organizouse unha garda de navegación adecuada tendo en conta as circunstancias e condicións reinantes así como a fatiga do persoal.

* As ordes do capitán para realizar unha garda de navegación segura foron establecidas con claridade, especialmente no referente a:

-Relevo de garda.
-Mantemento dunha boa vixilancia.
-Comprobación periódica do equipo de navegación, goberno e seguridade.
-Observación das condicións meteorolóxicas.
-Chamada ó capitán.
* Tivéronse presentes en todo momento as graves consecuencias da contaminación operacional ou accidental do medio mariño, tomándose as debidas precaucións para evitalo.
* Despois de tomar práctico, o mando do buque seguiu mantendo control exhaustivo da situación e movementos do buque.
* Garantiuse, durante a garda en porto ou rada, o mantemento dunha vixilancia cabal desde a caseta de goberno ou ponte, con efectos de seguridade do buque, a súa tripulación e pasaxeiros.

3.5.Elaborar prognósticos meteorolóxicos, analizar circunstancias (oceanográficas e meteorolóxicas) adversas que incidan nos propósitos do buque e a súa seguridade.* A información meteorolóxica obtívose previa selección dos medios dispoñibles e tipo de información desexada.

* Os datos oceanográficos (mareas, correntes e temperatura da auga) que poidan ter efecto sobre a seguridade da navegación, determináronse e avaliáronse en cada momento.

* Obtívose, mediante análise da información meteorolóxica seleccionada, a evolución da atmosfera (vento, nubosidade, visibilidade, temperatura, precipitacións) e do mar (altura e dirección das ondas) predicindo os seus valores para as próximas 24 horas.

3.6.Obter información e establecer comunicacións empregando os equipos e subsistemas de GMDSS (Sistema de Socorro e Alarma Marítima Global).* As comunicacións de seguridade entre buques, de ponte a ponte, efectuáronse correctamente.

* Sintonizáronse, probáronse e atendéronse correctamente as alertas de socorro, de escoita permanente.

* As comunicacións en operacións de busca realizáronse segundo as normas e os códigos establecidos.
* Os sinais de localización que permiten determina-la situación do buque, aeronave, vehículo ou persoa necesitados de socorro, recolléronse por medio do equipo de radar ou, se é o caso, emitíronse polo transponder.
* O tráfico operacional e de correspondencia pública, distinto do das mensaxes de socorro, urxencia e seguridade, emitiuse de modo correcto, observando as normas e recomendacións do CCIR (Comité Consultivo Internacional de Radiocomunicacións).

RealizaciónsCriterios de realización

* A información sobre seguridade marítima (radioavisos náuticos, meteorolóxicos, prognósticos meteorolóxicos e outras mensaxes urxentes relativas á seguridade) recibíronse utilizando o medio adecuado e da forma correcta.
* A alarma activouse e a mensaxe de socorro emitiuse utilizando os medios e procedementos correctos.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Cartas de navegación: mercator, gnomónicas, aviso ós navegantes (notices of marines), escuadras, cartabón, paralelas, lupa, tintas de cores, transportador de ángulos, cronómetro, cronógrafo, sextante, alidada acimutal, compás magnético, xirocompás. Material meteorolóxico: hidrómetro, termómetro, termógrafo, barómetro, anemómetro. Equipos de posicionamento: Decca, Loran C, Plotter, Sonda, Omega, G.P.S. Comunicacións: instalación radioeléctrica de ondas métricas (V.H.F.) con sistemas de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.), instalación radioeléctrica de ondas hectométricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.), instalación radioeléctrica de ondas hectométricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.), instalación radioeléctrica de ondas decamétricas con sistema de chamada selectiva dixitalizada (L.S.D.), instalación radioeléctrica de ondas hectométricas para emisión e recepción de alarmas radiotelefónicas en 2.182 Khc. NAVTEX internacional, instalación

terrestre de buque de INMARSAT, instalación para a recepción co sistema de chamada intensificado ou grupo INMARSAT, radiobaliza de localización de sinistros (RLS) satelitarias (polar e xeoestacionaria), equipo de transmisión e recepción de radiocomunicacións con telegrafía de impresión directa. Radar, respondedor de radar. Facsímile.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Catálogo de cartas e publicacións náuticas, anuario de mareas, rumbos, libros de faros, sistema de balizamento IALA, simboloxía cartográfica mariña, avisos ós navegantes, almanaque náutico, convenio MARPOL 78, sistema INMARSAT de comunicacións, sistema de socorro e alarma marítima global (G.M.D.S.S.), arquivo de correccións a cartas e publicacións, libro de cronómetros, caderno de bitácora. Diario de navegación. Vocabulario marítimo OMI.

-Procesos, métodos e procedementos:

Medición de rumbos, cálculo de desvío da agulla e corrección total, trazado e traslado dunha liña de posición. Situación por demoras, simultáneas e non simultáneas; situación por ángulos horizontais. Cálculo de rumbo efectivo e velocidade efectiva. Cálculo de distancia ortodrómica e loxodrómica. Medición de ángulos horizontais e verticais no sextante. Cálculo de mareas. Recoñecemento dos astros. Determinación da situación do buque por medio da altura dos astros: recta de altura. Cinemática naval. Mensaxe de socorro, urxencia e seguridade. Comunicacións radiotelefónicas.

2.5.4. Unidade de competencia 4: planificar e dirixi-las actividades extractivas, avaliando o seu rendemento, optimizando e controlando a producción:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Planifica-la marea segundo a especie que hai que capturar, modalidade extractiva e área de pesca seleccionadas.* A pesqueira foi convenientemente seleccionada en función da especie que hai que capturar, época do ano e limitacións por continxentación de áreas pesqueiras, aplicación de acordos e convenios internacionais, vedas e cotas.
* A modalidade de pesca que hai que empregar na actividade extractiva foi correctamente seleccionada atendendo a criterios de rendemento e selectividade das artes ou aparellos.
* O comportamento da especie que hai que capturar fronte ós diferentes factores ambientais foi correctamente avaliado.
* A estimación do tempo de marea necesario foi correctamente determinado en función da área de pesca e da modalidade extractiva seleccionada.
* As características tecnolóxicas e parámetros das artes ou aparellos seleccionados foron convenientemente determinadas en función dos factores biolóxicos da especie que hai que capturar e do tipo e dimensións da embarcación.

4.2.Planifica-las manobras de pesca segundo o tipo de buque, especie que hai que capturar e modalidade extractiva empregada.* A disposición xeral dos elementos mecánicos e enxarcias de manobra na cuberta foi convenientemente planificada, segundo a modalidade que hai que empregar, atendendo a criterios de seguridade e eficacia na realización da manobra.
* As variables que interveñen na realización das manobras de pesca (vento, estado do mar, correntes, natureza do fondo, néboa, proximidade de embarcacións) foron correctamente avaliadas antes de inicia-lo lance.
* O persoal de manobra de cuberta foi convenientemente instruído para as misións que debe levar a cabo durante a realización do lance, calquera que fose o estado do mar.
* A planificación da manobra de fiado do calamento foi correctamente efectuada, atendendo a criterios de seguridade e eficacia.
* As manobras co/s buque/s e o calamento durante o lance foron previstas coa suficiente antelación para consegui-la súa correcta execución.
* A planificación da manobra de virado do calamento foi correctamente efectuada, atendendo a criterios de seguridade e eficacia.

4.3.Supervisar e controla-lo armado, montaxe e reparación das artes, aparellos e equipos de pesca, segundo a información subministrada.* As características das artes ou aparellos que hai que empregar, segundo a modalidade de pesca, foron identificadas en función da especie que hai que capturar, natureza do fondo, tipo e dimensións do buque, potencia propulsora e de halado ou de virado.
* Confeccionáronse as artes adecuadamente por medio dunha interpretación correcta dos seus planos.
* A unión cobre panos de rede así como a súa montaxe ás relingas e costadillos realizouse de acordo coa información subministrada polos correspondentes planos.
* A medición, marcaxe e montaxe dos diferentes elementos dos aparellos ou das artes foron correctamente realizadas.
* Detectáronse, avaliáronse e reparáronse os danos ou avarías producidos durante o lance.

RealizaciónsCriterios de realización

* Comprobouse o rendemento ou eficacia de funcionamento da arte ou aparello, corrixindo adecuadamente en caso da súa perda as anomalías observadas.

4.4.Localiza-lo banco de pesca e avalia-lo seu rendemento segundo os datos oceanográficos e as informacións obtidas dos equipos electrónicos.* A información subministrada polos anuarios e cartas de pesca foi correctamente interpretada.

* Os factores ambientais (salinidade, temperatura, claridade, correntes) foron analizados e avaliados para determina-la probable existencia de cardumes.

* Comprobouse o correcto funcionamento dos equipos de detección (proxector de rede, paraván, proxector de casco, sonda vertical, sonar, plotter) e seleccionáronse as escalas adecuadas.
* A información recibida a través da exploración sonar permitiu localiza-lo cardume.
* A densidade, rumbo, velocidade de desprazamento e profundidade na que se atopa o cardume foron correctamente determinadas mediante equipos de detección.
* As características e natureza do fondo obtivéronse a través da información subministrada pola sonda.
* A información subministrada pola net-sonder (posición e forma de traballo da arte, entrada de peixes) foi correctamente interpretada.

4.5.Planificar e dirixi-la manipulación, elaboración, procesado, conservación e estiba das capturas, utilizando os medios e procedementos adecuados que eviten a súa deterioración.* A operación de introducción do copo a bordo planificouse convenientemente para evita-la deterioración da captura.

* A distribución no parque de pesca dos elementos, equipos e recursos humanos de elaboración e procesado dos productos, foi convenientemente realizada, atendendo a criterios de hixiene, seguridade e eficacia.

* Realizouse a elaboración e procesado das capturas segundo as normas de producción fixadas para cada especie.
* Executouse correctamente a distribución e estiba da captura en neveiras ou adegas refrixeradas para consegui-la súa adecuada hixiene e conservación.
* Os procesos de conxelación por aire, placas ou inmersión en salmoira dos productos da pesca, foron convenientemente executados para consegui-la súa correcta conservación.
* Realizáronse convenientemente as operacións de salmoira dos productos da pesca e conseguiuse a súa adecuada conservación.
* A estiba na adega dos productos conxelados foi convenientemente realizada para evita-la súa deterioración por manipulación ou corremento da carga.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Aparellos de anzol (liña, chambel, palillo, poteira, corricán, palangres); anzol, sedela, cabo, mosquetón, xiratorio, boia, boia emisora, maquiniña de palangre e tambor de estiba. Nasas: cangrexeiras, lagosteiras, gambeiras, para peixes. Artes de enmalle fixas e de deriva (volanta, bera, sardiñeira, trasmallo, boniteira): panos de rede, navalla, fío, agullas, calibrador, flotadores, boias, ancoretas, chumbos, tambor hidráulico e polea motriz. Artes de cerco: flotadores, boias, calas,

cortizas, chumbos, pés de galo, aneis de escape, panos de rede, navalla, agulla, fío, calibrador, cabo, cable, aneis, polea motriz de acción hidráulica, halador mecánico, maquiniña, carretel de estiba de xareta, tambor ioquee, embarcación auxiliar, ecosonda e sonar. Artes de arrastre (de fondo, de gran abertura vertical ou semipeláxicas, de profundidade regulable ou peláxicas e de abertura horizontal constante): panos de rede, agulla, fío, calibrador, cabo, cable, semiaramado, serra, calón, campá semiesférica, ventos, pés de galo, flotadores, diábolos, portas de arrastre, zapatillas, tangóns, maquiniña, estibadores de cable, tambor hidráulico de estiba de rede, sonda, net-sonder, lupa de pesca, proxector de casco, paraván e plotter. Descabezadoras, evisceradoras, fileteadoras, cintas transportadoras, neveiras, túneles e armarios conxeladores e cubas de salmoira.

-Procesos, métodos e procedementos:

Armado e montado de artes e aparellos de pesca. Reparación de avarías producidas no lance. Métodos para a realización das manobras de calado e virado segundo modalidade de pesca e tipo de embarcación. Procesos de clasificación, elaboración e conservación dos productos da pesca. Estiba: a granel, en caixas ou en estado de conxelación.

-Información. Natureza, tipo e soportes:

Planos de redes, cartas de pesca, anuarios de pesca. Información meteorolóxica. Información subministrada polo sonar, a sonda, o net-sonder e os equipos de posicionamento: plotter, radar, satélite, Decca. Regulamentacións pesqueiras: tamaños e tipos de artes ou aparellos, vedas, tamaños e convenios internacionais. Vocabulario pesqueiro CEE.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio:

Lonxas, empresas conserveiras e de transformación dos productos da pesca.

2.5.5. Unidade de competencia 5: verifica-lo cumprimento das normas en materia de seguridade e supervivencia:

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Planifica-las medidas preventivas relativas á seguridade de tripulantes e pasaxeiros (segundo a normativa vixente).* Tomáronse tódalas precaucións para evita-la caída ó mar de tripulantes e pasaxeiros, tanto na navegación como durante a carga e descarga ou nas faenas da pesca, vixiando constantemente a cuberta e mantendo unha eficaz comunicación con ela, iluminando convenientemente as zonas de traballo e corredores, e instalando cabos de seguridade na cuberta e varandas nos costados.
* Verificáronse os medios de embarque (pranchas, escalas) para tripulantes e pasaxeiros, seguindo normas nacionais e internacionais.
* O laboreo con cabos e arames realizouse utilizando medios protectores adecuados (luvas, gafas, cintos de seguridade) e os métodos e procedementos (código unificado de sinais, tensión de cabos e arames) que garanten a seguridade da tripulación.

RealizaciónsCriterios de realización

* O traballo en cuberta realizouse prevendo situacións perigosas (cuberta engraxada, refugallo de peixes sobre cuberta, estiba incorrecta dos aparellos) e utilizando medios protectores adecuados (guindolas, cintos de seguridade).
* Durante as operacións de manipulación, revisión ou reparación de máquinas, observáronse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas, posta en marcha accidental das máquinas) que fan un traballo seguro.
* Nas manobras con dispositivos de presión, tomáronse medidas despresurizadoras de circuítos ou depósitos, antes de realizar operacións que poden entrañar perigos ós tripulantes e ó buque.
* Os productos perigosos (inflamables, comprimidos, velenosos) sinalizáronse correctamente e os seus envases estibáronse segundo o establecido na norma.
* Protexéronse e illáronse e puxéronse á masa adecuadamente tódolos equipos eléctricos.
* Revisáronse as ferramentas de man e as defectuosas reparáronse ou substituíronse inmediatamente.
* A roupa utilizada no traballo foi a adecuada para cada caso, asegurando que non é usada vestimenta que poida provocar ou favorecer accidentes ou situacións perigosas (roupas moi frouxas, cintos soltos, calzados inadecuados, voltas de pantalón, bufandas, aneis).
* Antes de penetrar nun compartimento que estivo pechado durante moito tempo, comprobouse que non existe risco de explosión nin contén gases tóxicos e que hai suficiente osíxeno.

5.2.Planificar e dirixi-las operacións de urxencia en situacións de loita contra os incendios.* Os materiais, combustibles e inflamables, almacenáronse e estibáronse tendo en conta os riscos de incendio que a súa natureza implica e as medidas de seguridade establecidas.
* Controláronse as principais fontes de ignición causantes dos incendios en instalacións, servicios e acomodacións.
* Conectouse o sistema de detección de incendios e comprobouse o seu correcto funcionamento.
* Conectouse o sistema monitorizado de detección e extinción automático de incendios por aspersión de auga e comprobouse o seu correcto funcionamento.
* As instalacións fixas e equipos portátiles de extinción foron revisadas, asegurando a correcta disposición para o seu uso inmediato.
* Realizouse correctamente a sinalización e organización para a loita contra os incendios e a tripulación foi adestrada para afrontar calquera continxencia.
* Realizouse eficazmente a extinción de pequenos incendios utilizando os extintores portátiles adecuados.
* Realizouse eficazmente a extinción de incendios extensos producidos por hidrocarburos ou outros axentes combustibles ou inflamables, utilizando aspersores, dispositivos móbiles para lanzar escuma ou productos químicos en po.
* A extinción de incendios en espacios pechados e cheos de fume realizouse eficazmente utilizando auga nebulizada ou calquera axente extintor apropiado con axuda dun equipo de respiración.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realizouse eficazmente a operación de salvamento nun espacio pechado e cheo de fume utilizando un equipo de respiración.

5.3.Dirixi-las operacións de urxencia, abandono do buque e supervivencia no mar con tripulantes e pasaxeiros.* O cadro orgánico foi disposto segundo as peculiaridades do buque e as normas internacionais que deben observarse para a súa elaboración (SOLAS III. Emenda 83, Reg 6,53).
* Realizáronse os exercicios e chamadas periódicas no tempo e a forma regulados por normas nacionais e internacionais. Informouse e adestráronse correctamente os tripulantes e pasaxeiros cando cumpriu.
* Os equipos individuais e colectivos de salvamento foron correctamente sinalizados e revisados seguindo o programa planificado de mantemento establecido por norma internacional (SOLAS III. Emenda 83, Reg.52), e fixéronse as anotacións pertinentes no libro rexistro.
* Utilizáronse correctamente os equipos individuais de protección para a supervivencia (chalecos, traxes de inmersión) en tódalas circunstancias e situacións.
* Realízase correctamente en calquera circunstancia e situación a posta en flotación das embarcacións de supervivencia, o embarque nelas e a manobra.
* O adrizado da embarcación volteada realizouse correctamente tendo en conta as circunstancias de mar e vento.
* O abandono do buque realizouse prevendo os efectos do mergullo no mar, utilizando as técnicas e procedementos axeitados segundo as circunstancias.
* Organizouse a supervivencia a bordo de balsas e botes tendo en conta aspectos psicolóxicos, meteorolóxicos (exposición á intemperie, hipotermia) e circunstanciais (peixes perigosos).
* Utilizáronse adecuadamente os dispositivos radioeléctricos e equipos cos que se poden producir sinais de socorro, tanto a bordo como desde as embarcacións de supervivencia.
* Executáronse correctamente as manobras de recollida de náufragos, agrupamento de embarcacións de supervivencia, así como as accións que se deben tomar nas operacións de salvamento e rescate.

5.4.Dirixir operacións de urxencia en situacións de inundación de compartimentos de buques.* Realizouse o apuntalamento de tabiques e taponamento de vías de auga no tempo e a forma adecuados.
* Realizouse o achique de espacios inundados utilizando os medios e sistemas adecuados.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Medios de seguridade no traballo: guindolas, cintos, roupa, calzado, gafas, luvas, cascos, escalas e pranchas.

Medios de detección e extinción de incendios: equipo automático de detección de incendios e extinción con esparexedores de auga. Equipo automático de detección de incendios: sistema motorizado de detección, alarmas, detectores de fume, calor. Instalacións fixas de extinción de incendios con gases inertes: sis

temas de extinción con CO, sistema de extinción con halón. Sistema de peche automático de portas e portelos. Bomba contra incendios de urxencia. Rede de colectores de auga, bocas contra incendios. Instalacións fixas de extinción: escuma mecánica, po químico. Equipos portátiles de extinción: extintores portátiles de po, escuma química, escuma mecánica, gas inerte; mangas, lanzas, conexións, fachas, Equipos de respiración: autónomos, manuais. Traxe de bombeiro.

Medios de salvamento: SOLAS, Emenda 83, Capt. III. Chalecos salvavidas ríxidos e inchables, aros salvavidas, traxes de mergullo intrinsecamente illantes, non intrinsecamente illantes, axudas térmicas. Balsas salvavidas inchables, ríxidas, dispositivos de desprendemento hidrostático para balsas salvavidas. Balsas salvavidas arriables. Dispositivos de posta en flotación para balsas salvavidas e botes de rescate. Botes de rescate. Botes salvavidas parcialmente pechados. Botes salvavidas parcialmente pechados autoadrizables. Botes salvavidas totalmente pechados. Dispositivos de posta en flotación e de embarque. Equipos das embarcacións de supervivencia. Radiobaliza de localización. Respondedor de radar. Sinais pirotécnicos de socorro. Heliógrafo. Equipos bidireccionais de comunicacións. Estacións radioeléctricas portátiles de socorro.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Código de seguridade para pescadores. Parte A. Ordenanza xeral de hixiene e seguridade do traballo. Convenio OIT nº 92 (prescricións sobre o aloxamento dos pescadores). Convenio OIT nº 134 (prevención de accidentes) Convenios OIT. Código de regulamentación laboral española. Materiais inflamables e combustibles, clasificación dos incendios, química do lume, construcción e disposición dos tabiques e cubertas do buque. Código internacional de mercadorías perigosas (IMDG). Manual MERSAR. Manual IMOSAR. Plan Nacional de Salvamento Marítimo. Libro rexistro de inspeccións (SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52).

-Procesos, métodos e procedementos:

Manipulación de pesos suspendidos utilizando o código unificado de sinais, sinalización de perigos, precaucións e prohibicións. Cadro de obrigas e consignas para caso de urxencia (SOLAS III. Emenda 83, Reg. 8,53)

Exercicios e chamadas periódicas (SOLAS, emenda 83, III, Reg. 18). Programa planificado de mantemento (SOLAS, emenda 83, III, Reg. 52). Instruccións sobre mantemento e inspección, SOLAS, emenda 83, III, Reg. 19. Métodos de control e extinción de incendios, procedemento de carga e revisión de extintores portátiles. Organización da loita contra incendios. Salto á auga con chalecos salvavidas. Técnica de natación con equipo de protección térmica para a supervivencia no mar. Mantemento en flotación sen chalecos salvavidas. Remolque dun accidentado no mar. Supervivencia en caso de hidrocarburos inflamados. Interpretación de sinais de salvamento. Escalas de práctico (SOLAS V, protocolo 78, Reg. 17).

2.5.6. Unidade de competencia 6: organizar e aplicar medidas de atención sanitaria urxente, en caso de enfermidade ou accidente a bordo:

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Organiza-la asistencia sanitaria a bordo e proporcionar atención sanitaria satisfactoria durante o período que o enfermo ou ferido teña que permanecer a bordo.* Recoñecéronse na persoa accidentada as principais funcións do seu corpo (locomotora, cardiocirculatoria, respiratoria e dixestiva) e practicáronselle os primeiros auxilios se foi necesario.
* O coidado do enfermo realizouse recoñecendo e observando o seu comportamento, síntomas e signos: pel, respiración, excreción, pulso, presión sanguínea, temperatura.
* Coa axuda da guía médica internacional de a bordo (GMIB) e o asesoramento médico por radio, identificáronse urxencias médicas e outras situacións que poidan darse a bordo, actuando segundo os consellos recibidos.
* Observáronse no paciente signos de intoxicación etílica ou por estupefacientes, así como os efectos da síndrome de abstinencia, e aplicáronse, se foi necesario, as medidas apropiadas.
* O persoal rescatado foi recoñecido e atendido fundamentalmente no que se refire a síntomas de: hipotermia, conxelación, queimaduras e deshidratación.
* Mantívose durante a travesía un rexistro médico no que se anotaron os consumos de drogas perigosas, informes médicos, informes ás autoridades sanitarias do porto e comunicacións médicas no porto ou por radio.

6.2.Verificar e aplica-los coidados de prevención e educación sanitaria a bordo, cumprindo a normativa sanitaria.* Aplicáronse os principios xerais que procedan no coidado de moribundos e as medidas relacionadas co falecemento: recoñecemento dos signos de morte, conservación do cadáver a bordo e sepultura no mar.
* Efectuouse un control ambiental e dos principios básicos de hixiene e educación sanitaria a bordo: hixiene persoal, auga potable, eliminación das augas residuais, ventilación e hixiene dos alimentos.
* Aplicáronse os principios xerais e procedementos contra a transmisión de enfermidades e loita contra as epidemias así como a utilización dos diferentes tipos de vacinas necesarias para cada viaxe.

Dominio profesional

-Medios de producción ou tratamento da información:

Caixa de urxencias regulamentaria. Equipos de resucitación cardiopulmonar. Férulas. Vendas e chapas. Padiola. Equipo de curas.

-Información: natureza, tipo e soportes:

Guía médica. Rexistro médico. Manuais de primeiros auxilios.

-Procesos, métodos e procedementos:

Respiración boca a boca, boca a nariz e masaxe cardíaca. Contención de hemorraxias (torniquetes), transporte de accidentados, inmobilizacións, esterilizacións e desinfeccións. Asesoramento médico por radio. Coidados a accidentados por lesións na cabeza ou na columna vertebral, lesións en oídos,

nariz, gorxa e ollos. Coidados ós accidentados con hemorraxias internas ou externas. Tratamento da dor. Tratamento de queimaduras e conxelación. Coidados a accidentados con fracturas, escordaduras e lesións musculares. Tratamento a accidentados con feridas. Prevención de infeccións. Técnicas de suturas e peche de feridas con grampas. Aplicación de apósitos e vendaxes. Técnicas de toma de constantes vitais. Técnicas de administración de medicación. Técnicas de exploración.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Dentro do contexto macroeconómico que definirá este sector a curto prazo resalta un estancamento xeneralizado da actividade extractiva, xustificado pola diminución dos caladoiros dispoñibles para faenar e pola dificultade de incrementa-las cotas pesqueiras, o que levará a orienta-las actividades cara ó procesado e/ou transformación das capturas incrementando así o valor engadido dos productos de maneira que permita paliar esas consecuencias.

Detéctase un incremento progresivo do comercio a nivel mundial de productos pesqueiros, polo que a comercialización internacional e a mellora da calidade na elaboración e procesado poden ofrecer grandes oportunidades para o desenvolvemento do sector.

O contorno empresarial vaise caracterizar por unha sensible reducción do tamaño da flota que actualmente se atopa sobredimensionada. A política comunitaria céntrase en moderniza-la flota pero reducindo tamén o número das súas unidades, principalmente as que faenan en caladoiros non nacionais, polo que a flota de altura se verá prexudicada en maior medida, xerando pola súa vez unha considerable perda de postos de traballo.

Parece probable que se dea un incremento da participación de capital español en empresas pesqueiras mixtas en países estranxeiros, permitindo isto o acceso da flota ós caladoiros deses estados, solucionándose así a diminución da actividade extractiva.

Producirase de forma xeral un incremento da tecnoloxía dos sistemas electrónicos aplicados ó posicionamento e seguridade do buque, así como á localización e captura de recursos mariños.

Tamén o emprego de sistemas modernos de transporte, estiba, carga e descarga de mercadorías fai pensar nunha evolución do transporte marítimo cara a sistemas organizativos máis sofisticados que, pola súa vez, impliquen unha maior eficacia pola tecnoloxía aplicada e unha reducción nos custos de explotación.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A necesidade dunha cada vez maior profesionalidade do persoal de terra das empresas armadoras requirirá a curto prazo unha maior presencia destes titulados en postos de planificación de mareas e inspección de buques nas devanditas empresas.

Así mesmo, a inevitable diminución do esforzo pesqueiro co obxecto de manter un rendemento sostido das pesqueiras esixirá unha maior profesionalización e coordinación nas actividades da flota pesqueira que eliminen as prácticas furtivas, tanto a nivel de altura como artesanal, polo que serán necesarios estes profesionais para nutri-los corpos de vixilancia e inspección pesqueira.

2.6.3. Cambios na formación:

A correcta explotación dos recursos pesqueiros esixirá unha maior profesionalización, adquirindo un peso superior as disciplinas como bioloxía mariña e protección do ambiente.

A progresiva penetración dos sistemas informáticos e a importancia que adquiren os aspectos relacionados co transporte e comercialización dos productos da pesca levará esta figura a ser un usuario cada vez maior deses equipos, polo que tenderá a aumenta-la súa formación en procedementos informáticos.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá as súas actividades no sector marítimo. Os principais subsectores nos que pode desenvolve-lo seu traballo son:

* Pesca extractiva.

* Pesca de litoral. Cerco, arrastre: de fondo e peláxica, enmalle, trampas ou nasas, palangres de fondo e superficie, corricán, liña, chambel.

* Pesca de altura e gran altura. Cerco, arrastre: fondo e peláxica. Corricán, palangres de fondo e superficie.

* Transporte de carga e/ou pasaxe: granel, paletizada, contedores.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Esta figura profesional localízase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de producción (organización e supervisión), execución e control de proceso.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abarcan o campo do sector de industria marítima. Encóntranse ligadas directamente a:

* Organización da producción, coordinación de equipos e xestión de recursos económicos, humanos e de producción.

* Procesos de transformación dos productos da pesca: técnicas de control de procesos para realiza-las operacións básicas en gran escala, por procesos continuos e discontinuos, así como a tecnoloxía dos equipos.

* Organización do transporte por mar: coñecementos xerais das características e propiedades das mercadorías ou obxectos de transporte, para a súa correcta manipulación e prevención de riscos inherentes a elas.

* Seguridade e ambiente: protección do contorno do traballo e do ambiente.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

Esta figura profesional pode formar parte da tripulación dun buque como patrón ó mando (dentro das limitacións sinaladas nas capacidades), ou como oficial encargado da garda (sen limitacións).

En empresas armadoras, este profesional pode desempeña-los postos de inspector de flota ou xefe de persoal de flota.

Tamén pode, en rederías, desempeña-los postos de: deseñador, planificador ou supervisor de montaxe e armado de artes e aparellos de pesca.

Pode tamén formar parte da tripulación como oficial encargado da garda ou incluso ó mando de embarcacións dedicadas á vixilancia fiscal, inspección pesqueira e investigación oceanográfica.

En tanques de ensaios hidrodinámicos de artes e aparellos pode, tras un período de formación, constituír parte do equipo técnico do departamento de investigación.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Comprende-lo marco legal, económico e laboral que regula e condiciona a actividade pesqueira, para organizar administrativa e laboralmente o buque e a súa tripulación.

* Analiza-los sistemas de distribución de pesos a bordo relacionándoo coa súa estiba nos espacios interiores, superestructuras e cubertas do buque comprobando que se cumpren os parámetros de estabilidade e trimado para mante-la embarcación segura e en flotación.

* Deseña-la derrota óptima controlando o posicionamento do buque e realizando as manobras apropiadas, todo iso, a partir da interpretación dos datos subministrados polos equipos de navegación, comunicación e información meteorolóxica.

* Planifica-la marea e controla-la actividade extractiva avaliando o rendemento pesqueiro mediante a análise da información subministrada polos equipos de detección, así como procesa-las capturas utilizando os medios e procedementos adecuados que evitan a súa deterioración e realiza-las primeiras medidas de asistencia sanitaria a enfermos e accidentados, así como o seu mantemento e tratamento a bordo.

* Establece-las medidas preventivas e de protección nas condicións de traballo conducentes a melloras de realización e controla-la hixiene e a seguridade tanto individual como colectiva así como dirixi-las operacións de urxencia e supervivencia no mar.

* Buscar vías de información interpretando a relacionada co exercicio da profesión de modo que lle posibiliten o coñecemento e a súa inserción no sector pesqueiro e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xera-la documentación técnica imprescindible para a formación e adestramento dos profesionais ó seu cargo.

* Informar e manterse informado sobre as condicións e posibles incidencias que poden afecta-la navegación, utilizando, de se-lo caso, o idioma inglés.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración:

Asociado á unidade de competencia 1: Planifica-la administración do buque e o transporte por mar:

Capacidades terminais elementais

* Avalia-las necesidades de provisións de fondo, máquinas e cuberta en función do stock e a viaxe que se vaia efectuar.

* Realiza-la actualización do rexistro de «stocks» (máquina, cuberta e fondo) do buque en función do aprovisionamento previsto para a viaxe programada.

* Cubri-la documentación administrativa de «despacho do buque», como a declaración de sanidade, alfándega (manifesto de carga e tripulación), capitanía de porto (certificados do buque), para obte-lo permiso de saída, ou se é o caso de entrada.

* Relaciona-lo tipo ou características dos residuos xerados polo buque coas técnicas de depuración e tratamento que permitan cumprir coas normas e directrices ambientais.

* Realiza-las operacións administrativas estipuladas no contrato de arrendamento que permitan pó-lo buque á disposición do fretador en tempo e forma axeitados.

* Realiza-la xestión comercial cos axentes e consignatarios de carga para que poidan executa-la operación de carga ou descarga da mercadoría de acordo co establecido no contrato de transporte e póliza de fretamento.

* Realiza-la xestión comercial-administrativa co consignatario do buque que permita ós cargadores efectua-los embarques ou dispor das mercadorías transportadas en réxime de coñecemento.

* Identifica-las causas que dean lugar á presentación dunha protesta de mar a partir da normativa e regulamentación existente.

* Formalizar e redactar unha protesta de mar en tempo e forma segundo os incidentes acaecidos na carga, na descarga ou durante a viaxe, a partir da información rexistrada no caderno de bitácora.

* Contrasta-las inspeccións, peticións e liquidacións efectuadas por terceiros para decidi-la súa aceptación.

* Cubri-los diarios oficiais de a bordo que permitan ratificar que os equipos do buque operan segundo a lexislación nacional e internacional de anticontaminación ambiental.

* Cubri-los diarios de pesca para verificar que tódolos elementos do equipo operan segundo a lexislación prescrita para a zona na que traballan.

* Identifica-los dereitos e deberes en remolques e salvamentos segundo as cláusulas do contrato.

* Cubri-lo rol do buque segundo as súas propias especificacións para cumpri-la normativa nacional vixente.

* Relaciona-los diferentes tipos de seguros marítimos e clubs de protección e indemnización cos requisitos das pólizas, a súa cobertura, os requisitos e condicións de peritación e os sistemas de liquidación.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Dereito marítimo:

* Determinación da responsabilidade do práctico.

Administración:

* Identificación da regulamentación sanitaria internacional.

* Aplicación do réxime alfandegueiro.

* Interpretación do manifesto de carga e extremos que debe conter.

* Realización do despacho do buque.

* Interpretación dos convenios internacionais:

-MARPOL 73/78. Libro rexistro.

-Liñas de carga. Certificado.

-SOLAS. Certificado.

-Regulamento internacional para previ-las abordaxes.

* Identificación do persoal colaborador do armador:

-Consignatario. O seu carácter e as súas funcións.

-Axente de alfándegas. As súas funcións.

-Corredor de seguros.

* Descrición e análise de:

-Avarías: réxime xurídico, arribada forzosa e protesta de avarías.

-Remolque: diferentes naturezas xurídicas.

-Abordaxe: protesta do capitán.

-Auxilios e salvamentos.

* Descrición dos seguros marítimos:

-Club de protección e indemnización.

* Análise e interpretación da lexislación pesqueira.

Transporte de mercadorías:

* Descrición, análise e interpretación de:

-Contrato de arrendamento do buque. Tipo de pólizas.

-Contrato de fretamento.

-Fretamento por tempo (time charter), pólizas tipo.

-Fretamento por viaxe.

-Obrigas do arrendador e fretador.

-Cláusulas. Prancha e demoras.

-Contrato de transporte en réxime de coñecemento.

-Coñecemento de embarque.

-Obrigas e responsabilidades do carrexador e cargador.

-Documentación.

-Cláusulas.

-Convenio de Bruxelas de 1924 e Lei española do 23/12/1949.

Xestión:

* Elaboración da xestión básica dun buque: paquete informático aplicado:

-Provisións: fonda, máquina e cuberta.

-Persoal.

-Administración.

Contidos conceptuais

Dereito marítimo:

* Propiedade do buque: réxime xurídico e rexistro.

* Funcións públicas do capitán: patente de navegación.

* Practicaxe: responsabilidade do práctico.

Administración:

* Avarías: réxime xurídico, arribada forzosa e protesta de avaría.

* Remolque: distintas naturezas xurídicas.

* Abordaxe: protesta do capitán.

* Auxilio e salvamento.

* Seguros marítimos:

-Club de protección e indemnización.

Transporte de mercadorías:

* Contrato de arrendamento do buque: tipo de pólizas.

* Contrato de fretamento:

-Fretamento por tempo (time charter). Pólizas tipo.

-Fretamento por viaxe.

-Obrigas do arrendador e fretador.

-Cláusulas: prancha e demoras.

* Contrato de transporte en réxime de coñecemento:

-Coñecemento de embarque.

-Obrigas e responsabilidades do carrexador e cargador.

-Documentación.

-Cláusulas.

-Convenio de Bruxelas de 1924 e Lei española de 23-12-1949.

Contidos actitudinais

Dereito marítimo:

* Consciencia das funcións públicas do capitán: patente de navegación.

Administración:

* Respecto por:

-Regulamentación sanitaria internacional.

-Réxime alfandegueiro.

-Manifesto e extremos que debe conter.

-Convenios internacionais:

-MARPOL 73/78. Libro rexistro.

-Liñas de carga. Certificado.

-SOLAS. Certificado.

-Regulamento internacional para previ-las abordaxes.

-Persoal colaborador do armador:

-Consignatario. O seu carácter e funcións.

-Axente de alfándegas. As súas funcións.

-Corredor de seguros.

-Avarías: réxime xurídico, arribada forzosa e protesta de avarías.

-Remolque: diferentes naturezas xurídicas.

-Abordaxe: protesta do capitán.

-Auxilios e salvamentos.

-Seguros marítimos: club de protección e indemnización.

-Lexislación pesqueira.

Transporte de mercadorías:

* Rigor no cumprimento de:

-Contrato de arrendamento do buque. Tipo de pólizas.

-Contrato de fretamento:

-Fretamento por tempo (time charter), pólizas tipo.

-Fretamento por viaxe.

-Obrigas do arrendador e fretador.

-Cláusulas. Prancha e demoras.

-Contrato de transporte en réxime de coñecemento.

-Coñecemento de embarque.

-Obrigas e responsabilidades do carrexador e cargador.

-Documentación.

-Cláusulas.

-Convenio de Bruxelas de 1924 e Lei española do 23-12-1949.

Xestión:

* Hábito no manexo do paquete informático aplicado para a xestión básica dun buque.

3.2.2. Módulo profesional 2: manobra e carga do buque:

Asociado á unidade de competencia 2: planificar e supervisa-las operacións de estabilidade, trimado e manobra do buque:

Capacidades terminais elementais

* Recoñecer e describi-los elementos de consolidación transversais, lonxitudinais e verticais a partir dos planos do buque, para identificar un sistema de construcción.

* Describi-las operacións de transvase, enchido e baleirado de lastre e combustible, observando as precaucións de seguridade e anticontaminantes regulamentarias.

* Calcula-la distribución da carga do buque para mantelo adrizado, en contedores e cumprindo os criterios de estabilidade regulados polo convenio internacional.

* Planifica-la carga do buque para mante-las reservas de flotabilidade mínima do buque durante a travesía en función da zona de navegación, francobordo e tipo de augas polas que navegue.

* Organiza-las operacións de transvase, enchido e baleirado de fluídos durante a viaxe, para mante-lo buque adrizado e trimado, en contedores e coa estabilidade axeitada en cada momento.

* Planifica-las operacións de acondicionamento, temperaturas, ventilación e inertización da adega para mante-la mercadoría en perfecto estado durante o tempo que permaneza a bordo.

* Calcula-los efectos que se producen na estabilidade do buque ó realiza-las operacións de carga, descarga e traslado de pesos, utilizando guindastres ou puntais.

* Describi-las operacións de mantemento e verificación das redes de carga e descarga para mante-los equipos dentro dos límites de seguridade operacional establecidos.

* Relaciona-los efectos combinados do temón e a hélice coa evolución do buque durante a manobra.

* Describi-la manobra de atraque máis conveniente tendo en conta a acción do vento e a corrente.

* Interpretar axeitadamente o regulamento internacional para a prevención de abordaxes.

* Describi-la manobra para realizar navegando en zonas reguladas polo regulamento de balizado.

* Determina-lo lugar de fondeo e a manobra para realizar en función do estado de carga do buque, tipo de fondo e condicións atmosféricas.

* Describi-la manobra para tomar ou dar remolques en condicións de vento e mar axeitadas.

* Describi-la manobra para embarcar ou desembarca-lo práctico en mar aberto, seguindo as normas de seguridade establecidas pola normativa internacional.

* Relaciona-la manobra para a realizar coas ordes que lle debemos dar ó temoeiro en cada momento utilizando o vocabulario normativo en inglés, galego e español.

* Describi-la manobra para realizar en caso de urxencia por fallo do sistema de goberno, propulsión, campos magnéticos, abordaxe inminente, embarrancada, ...

* Describi-la manobra de busca, rescate e recollida de náufragos que se atopen na zona de operacións.

* Planifica-la estiba das capturas para mante-lo buque nas mellores condicións de calado, asento, escora e estabilidade para poder continua-las faenas de pesca.

Contidos (duración 210 horas)

Contidos procedementais

Estabilidade estática inicial e para varias inclinacións:

* Cálculo e trazado das curvas de estabilidade estática.

* Experiencia de estabilidade.

Estabilidade dinámica:

* Cálculo e trazado da curva de estabilidade dinámica.

* Criterios de estabilidade estáticos e dinámicos.

* Documentación sobre estabilidade a bordo.

Estabilidade lonxitudinal:

* Cálculos de calado e asento.

Probas oficiais dos buques:

* Relacións entre potencias, velocidades, revolucións e consumo.

* Probas de máquinas, velocidade económica e autonómica.

Resistencias á marcha:

* Cálculo da potencia indicada mediante ensaios con modelos.

Arqueo e francobordo:

* Regulamentos de arqueo.

* Convenio internacional sobre liñas de máxima carga.

Varada e inundacións:

* Subdivisión estanca segundo SEVIMAR.

* Efectos da inundación. Compartimentado.

Módulos de carga e descarga:

* Descrición de:

-Contedores.

-Mercadorías a granel.

-Xeral.

-Frigoríficos.

-Mercadorías perigosas. Código Internacional de Mercadorías Perigosas (ICDG).

Estiba de carga:

* Accesorios da estiba.

* Método de estiba.

* Avarías da carga.

Medios de carga e descarga:

* Regulamento para o recoñecemento e inspección dos medios de carga e descarga en buques mercantes.

Manobra do buque:

* Atraque, desatraque, fondeo e leva en diferentes condicións de vento e marea.

* Navegación en zona de escaso calado.

* Remolques.

Manobras de emerxencia:

* Prestacións de auxilio a un buque en perigo. Busca e rescate.

* Posta en flotación de botes ou balsas salvavidas.

* Métodos para rescatar náufragos.

Código internacional de sinais:

* Descrición, interpretación e aplicación do CIS.

Regulamento internacional para previr abordaxes:

* Descrición, interpretación e aplicación do regulamento internacional para a prevención de abordaxes no mar (1977).

Contidos conceptuais

Xeometría do buque:

* Plano de formas.

* Metacentro.

* Curvas hidrostáticas.

Elementos de consolidación: esforzos nos casos:

* Elementos lonxitudinais, transversais e verticais de consolidación.

* Sistemas de construcción naval.

Estabilidade estática inicial e para grandes inclinacións:

* Condicións de equilibrio dos corpos flotantes.

Movementos de balance: sincronismos:

* Ondas. Xeneralidades, relacións principais.

* Relación entre o período natural de balance e a estabilidade inicial.

* Sincronismos. Modo de evitalos. Diagramas.

Resistencias á marcha:

* Semellanza mecánica e cinemática.

Arqueo e francobordo:

* Francobordo.

Varada e inundacións:

* Efectos da varada.

* Varada en diagonal.

Propulsión:

* Útiles e temóns.

Contidos actitudinais

* Valoración da experiencia de estabilidade.

* Correcta aplicación dos criterios de estabilidade estáticos e dinámicos.

* Atención ós sincronismos. Modo de evitalos.

* Rigor na interpretación da canle de experiencias hidrodinámicas.

* Responsabilidade no cumprimento de:

-Regulamentos de arqueo.

-Subdivisión estanca segundo SEVIMAR.

-Correcta aplicación das normas de manexo de: contedores, mercadorías a granel, xeral, frigoríficos e mercadorías perigosas.

-Correcto uso dos accesorios da estiba e módulo de estiba.

-Efectuar correctamente as manobras de atraque, desatraque, fondeo e leva, en diferentes condicións de vento e marea.

-Especial atención á navegación en zona de escaso calado.

-Destreza e rapidez para prestar auxilio a un buque en perigo. Posta en flotación de equipos colectivos de supervivencia e rescate de náufragos.

3.2.3. Módulo profesional 3: goberno do buque:

Asociado á unidade de competencia 3: planificar e supervisa-la derrota e goberno do buque en tódalas condicións e circunstancias:

Capacidades terminais elementais

* Realiza-la posta ó día, por medios electrónicos ou publicacións oficiais de avisos para navegantes, da documentación do cuarto de derrota.

* Elixi-la derrota máis adecuada para que o buque obteña o maior rendemento dentro dos límites de seguridade admisibles.

* Traza-la derrota do buque sobre as cartas náuticas unha vez analizada a documentación seleccionada para a planificación da viaxe proposta.

* Determina-lo rumbo para segui-lo buque en función do vento, corrente e estado de carga, para realiza-la derrota prevista.

* Determinar, a partir da observación dun astro, a corrección da agulla magnética.

* Describi-las obrigas do oficial de garda e as prácticas de seguridade que deben realizarse antes da garda e durante ela, así como o ser relevado, para asegurar unha boa vixilancia e mante-la seguridade do buque, tripulación e pasaxeiros.

* Describi-los alistamentos de rutina que deben realizarse nos equipos de navegación antes da saída ó mar, periodicamente, no fondeadoiro, con visibilidade reducida e con mal tempo, para garantir con bo funcionamento a seguridade da navegación.

* Describi-los alistamentos de urxencia que deben realizarse en casos de urxencia (fallo de máquina principal, servomotores, xirocompás/agullas, teléfono, colisión inminente, embarrancada, incendio, inundación, home pola borda,...) para asegurar unha boa operación.

* Realiza-la medición de liñas de posición de puntos e marcas por medio de agullas e alidadas.

* Realiza-la medición entre puntos e marcas da carta por medio do sextante.

* Determina-la situación do buque sobre a carta a partir de marcacións, demoras, distancias e ángulos horizontais e verticais.

* Determina-la situación estimada do buque sobre a carta náutica, a partir de liñas de posición non simultáneas, no suposto de que exista vento e/ou corrente.

* Determina-la situación do buque sobre a carta náutica a partir da observación da altura de un ou varios astros con sextante.

* Determinar e corrixi-los erros de medición do sextante para realizar unha boa medición.

* Determina-lo posicionamento do buque utilizando equipos electrónicos e comproba-lo seguimento da derrota prevista.

* Manobrar para manter (ou non) a derrota do buque para efectua-la viaxe con seguridade.

* Analizar e interpreta-la posición do buque recibida a través da información do radar, para manter unha navegación segura, efectuando os cálculos precisos.

* Determinar, mediante a información radar, o rumbo e a velocidade doutros buques.

* Determinar, mediante a información do radar, o cambio de rumbo ou a velocidade doutros buques.

* Determinar, mediante información do radar, o momento de aproximación máxima entre o buque propio e outros que se cruzan, que veñen de volta encontrada ou que alcanzan, para determina-la distancia mínima de aproximación.

* Selecciona-lo sistema máis adecuado para recibi-la información meteorolóxica e analiza-lo estado do tempo.

* Analiza-la información meteorolóxica recibida para realizar unha predicción do tempo.

* Selecciona-lo equipo de comunicacións máis adecuado en función da distancia e/ou rapidez e/ou custo, para realiza-la comunicación.

* Executa-los protocolos establecidos para recibir e/ou transmitir mensaxes de calquera tipo seguindo a normativa nacional e/ou internacional.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Navegación:

* Plan de viaxe.

* Derrota do buque: publicacións náuticas para a axuda á navegación.

* Cartas náuticas: clasificación segundo escala. Signos e abreviaturas.

* Mareas: utilidade práctica do anuario de mareas.

* Radar: obtención de datos. Cálculo de RR, VR, CPA, RA, VA. Máximo afastamento/achegamento.

* Regulamento para previr abordaxes.

* Caderno de bitácora e diario de navegación.

Navegación costeira:

* Manexo da agulla náutica: compensación.

* Posicionamento do buque: liñas de posición, simultáneas e non simultáneas.

* Navegación loxodrómica: cálculo do rumbo e distancia. Efectos do vento e/ou corrente en diferentes casos.

Navegación astronómica:

* Triángulo de posición: elementos que se relacionan no triángulo de posición.

* Resolución do triángulo de posición nos casos utilizados en navegación.

* Almanaque náutico: manexo e aplicación práctica.

* Posición do buque: rectas de altura. Meridiana.

* Recoñecemento de astros.

* Cálculo da derrota ortodrómica: diferentes casos.

* Obtención de datos con diferentes instrumentos:

-Cronómetro.

-Sextante.

-Alidada.

-Taxímetro.

-Xiroscopio.

-Carrís.

-Sondas.

* Obtención da posición do buque:

-Radiogoniometría.

-Sistema satelitario de posicionamento (GPS).

-Sistemas hiperbólicos de navegación.

Meteoroloxía:

* Uso dos instrumentos meteorolóxicos.

* Interpretación de cartas e partes meteorolóxicos.

* Uso práctico da información meteorolóxica e da formación de xeos.

Radiocomunicación:

* Sistemas de radioavisos náuticos e meteorolóxicos (NAVTEX e GMDSS).

Radar:

* Situación radar:

-Métodos de medición de distancias.

-Métodos de medición de marcacións.

-Precisión na marcación.

-Interpretación debido a: paralaxes, desprazamentos do marcador de proa, descentramentos.

-Métodos de verificación de imprecisións.

* Técnicas de navegación con radar:

-Punteo con movemento relativo non estabilizado.

-Punteo con movemento relativo estabilizado.

-Punteo con movemento verdadeiro.

* Vantaxes e limitacións:

-Cartas radar.

-Radiofaros radar.

* Manobra anticolisión:

-Momento de aproximación máxima entre o buque propio e outro que cruza, que vén de volta encontrada ou que alcanza, e distancia que corresponde a ese momento.

-Detección dos cambios de rumbo e velocidade doutro buque.

-Efectos dos cambios de rumbo e velocidade illados ou combinados do buque propio.

Principios fundamentais que procede observar na realización das gardas de navegación:

* Organización da garda.

* Funcións e responsabilidades de orde náutica.

* Navegación despois de tarefas prácticas.

Seguridade da navegación:

* Organización do parte da garda de navegación.

* Deberes do oficial de garda.

* Funcionamento e mantemento do equipo de navegación.

* Alistamentos de rutina.

Contidos conceptuais

Navegación:

* Sistemas de coordenadas terrestres. Milla mariña.

* Proxeccións da superficie terrestre.

* Cartas náuticas: definición.

* Derrota loxodrómica.

* Derrota ortodrómica. Diferentes tipos.

* Radar. Fundamentos.

Navegación costeira:

* Agulla náutica. Definición.

* Rumbos. Clases de rumbos.

* Liñas de posición. Marcacións, demoras. As súas clases.

Navegación astronómica:

* Esfera celeste: liñas principais, sistemas de coordenadas.

* Elementos que forman parte do triángulo de posición.

* Movemento aparente da esfera celeste.

* Sistema solar: astros e os seus movementos.

* Tempo. As súas clases e relación entre os diferentes tipos.

Radar:

* Equipo e fundamentos:

-Características do equipo radar que determinan a calidade e precisión, antenas, diagramas polares e efectos da enerxía radiada en direccións que quedan fóra do feixe principal.

* Interpretación da pantalla:

-Niveis de rendemento do equipo.

-Tamaño, forma, aspecto e composición dos brancos.

-Efectos do movemento do buque en mar groso.

-Condicións de propagación.

-Conclusións meteorolóxicas, ecoparasitos do mar e da chuvia.

-Sectores de sombra.

-Interferencias de radar a radar.

* Marcación e distancia:

-Reflectores angulares e balizas radar.

-Brancos terrestres e efectos dos accidentes topográficos.

-Efectos do impulso e da largura do feixe.

-Brancos radáricos moi visibles e pouco visibles. Factores que afectan a intensidade do eco procedente do branco.

Principios fundamentais que procede observar na realización das gardas de navegación:

* Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e gardas 78, Regra II/1).

Contidos actitudinais

Navegación:

* Valoración do plan de viaxe.

* Corrección e/ou actualización de cartas.

* Axeitado uso do anuario de mareas.

* Rigor na interpretación do regulamento para previr abordaxes.

Navegación costeira:

* Compensación da agulla náutica.

Navegación astronómica:

* Responsabilidade no uso do almanaque náutico.

Radar:

* Consciencia das vantaxes e limitacións de:

-Cartas radar.

-Radiofaros radar.

* Responsabilidade no manexo do radar á hora de calcular momentos de aproximación máxima entre buques, detección de cambios de rumbo e velocidade e efectos destes cambios sobre o buque propio.

* Responsabilidade e exactitude nos métodos de medición de marcacións e distancias.

Principios fundamentais que procede observar na realización das gardas de navegación:

* Responsabilidade á hora de monta-la garda.

* Aceptación das funcións e responsabilidades de orde náutica.

* Responsabilidade na colaboración á protección do medio mariño.

3.2.4. Módulo profesional 4: pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercial:

Asociado á unidade de competencia 4: planificar e dirixi-las actividades extractivas, avaliando o seu rendemento e optimizando e controlando a producción:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-lo equipo de pesca existente no buque para comprobar que é o adecuado para as características do buque e para obte-lo máximo rendemento pesqueiro.

* Determina-la zona de pesca en función das especies, as condicións fisicoquímicas da auga e a distribución espacio-temporal das especies.

* Selecciona-lo tipo de arte para empregar e os materiais para o armamento en función das especies, a época do ano, a medida, o tipo de fondo mariño, as características dos buques e as indicacións dos planos da arte.

* Relaciona-la normativa reguladora das artes de pesca e a rendibilidade das capturas.

* Relaciona-la potencia dispoñible coas características da arte, profundidade de traballo e as características do fondo mariño.

* Realiza-las modificacións necesarias no equipo de pesca para obte-lo máximo rendemento na campaña.

* Modifica-las manobras de pesca en función da modalidade extractiva e especies que hai que capturar para incrementa-lo rendemento pesqueiro do buque.

* Planifica-las gardas de pesca para obte-lo máximo rendemento pesqueiro.

* Comprobar que se realizan as reparacións do equipo de pesca, seguindo os parámetros deseñados para facer máis longo o seu período de vida útil.

* Estima-lo tempo de marea necesario para consegui-la producción prevista, tendo en conta as variables que poden incidir na área de pesca, a modalidade extractiva permitida e as características do buque.

* Interpreta-lo tipo e calidade do fondo mariño a partir da información das cartas e rumbos e dos datos obtidos durante as faenas de pesca.

* Especifica-las características dunha zona de pesca en función da estructura do fondo, o rendemento pesqueiro, a meteoroloxía local, as correntes mariñas e a estacionalidade dos recursos.

* Analiza-lo nivel de capturas e comparalo con outras fontes de información para decidir (ou non) o cambio de zona de pesca.

* Determina-la calidade das capturas en función da presencia de parámetros, sinais de presión, medidas, peso e presentación segundo as normas de calidade.

* Selecciona-las fases, operacións e parámetros de control dos procesos de elaboración e conservación en función dos productos e dos requirimentos de comercialización.

* Avalia-los sistemas de manipulación e procesado da pesca obtida para optimizalo ó máximo.

* Distribuí-los equipos de traballo, manipulación e procesado para optimizar ó máximo as capturas.

* Describi-las fases do proceso de manipulación desde o punto de vista hixiénico-sanitario para incrementa-lo valor engadido das capturas.

* Planifica-la estiba de capturas aplicando medidas sanitarias e técnicas para evita-la súa deterioración.

* Determina-lo grao de frescor das capturas, a partir do exame organoléptico, do seu aspecto e novas técnicas.

Contidos (duración 210 horas)

Contidos procedementais

Artes e aparellos de pesca:

* Enumeración de:

-Diferentes materiais utilizados na constitución das diferentes artes de pesca.

-Nós máis frecuentes usados nas artes de pesca.

* Descrición da forma de medi-las mallas.

* Nomenclatura e armado de diferentes aparellos e artes:

-Nasas.

-Aparellos de anzol.

* Identificación das artes fixas:

-Artes de deriva.

-Artes de cerco.

-Artes de arrastre.

* Montaxe de panos a relingas e costadillos.

* Montaxe de panos entre si.

* Montaxe de lastres e flotadores.

Equipos de detección:

* Manexo e interpretación de:

-Ecosondas.

-Netsonder.

-Sonar.

-Radar.

-Radiogoniómetro.

Manipulación, preparación e estiba das capturas:

* Métodos de conservación das capturas.

* Procesado: principais alteracións dos compoñentes químicos. Textura e sabor.

* Técnicas e productos de limpeza e desinfección dos elementos do buque que están en contacto coas capturas.

* Hixiene e manipulación dos productos pesqueiros.

* Procedemento de conservación en xeo, neveiras e frigoríficos.

* Conxelación e desconxelación: principios para aplicar.

* Temperaturas e tempos.

* Conxelación rápida e lenta.

* Almacenamento de peixe conxelado.

* Armarios conxeladores de placas verticais e horizontais.

* Conxelación por salmoira.

* Desconxelación.

* Normas e directivas ambientais. Efectos da contaminación nos seres vivos.

Bioloxía pesqueira:

* Explotación pesqueira. Estratexias de explotación.

* Regulamentación.

Contidos conceptuais

Elementos que forman parte do equipo de pesca:

* Relación entre a lonxitude do cable e a profundidade de traballo.

* Potencia de arrastre: relación entre tódolos elementos que actúan no arrastre.

* Relación entre tensión do cable e abertura e resistencia ó arrastre.

* Relación entre a lonxitude das malletas, separación de portas e apertura horizontal e vertical da rede.

* Forzas que actúan sobre os diferentes tipos de portas:

-Vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de portas en relación coa pesqueira.

Manipulación, preparación e estiba das capturas:

* Métodos de conservación das capturas.

* Normas e directivas ambientais.

Bioloxía pesqueira:

* Medio mariño. Características físicas e químicas. Ambientes mariños.

* Productividade do mar: os seus límites e factores que a determinan. Principais áreas de pesca.

* Características xerais dos peixes, moluscos e crustáceos máis importantes na pesca.

* Factores que inflúen na alteración dos productos pesqueiros.

Contidos actitudinais

Artes e aparellos:

* Rigor en:

-Montaxe de panos a relingas e costadillos.

-Montaxe de panos entre si.

-Montaxe de lastres e flotadores.

* Correcta aplicación das manobras de pesca con:

-Nasas.

-Aparellos de anzol.

-Artes fixas.

-Artes de deriva.

-Artes de cerco.

-Artes de arrastre.

Manipulación, preparación e estiba das capturas:

* Correcta aplicación dos métodos de conservación das capturas.

* Hábito de uso de:

-Procesado: principais alteracións dos compoñentes químicos. Textura e sabor.

-Técnicas e productos de limpeza e desinfección dos elementos do buque que están en contacto coas capturas.

-Principais axentes contaminantes do ecosistema mariño.

-Normas e directivas ambientais. Efectos da contaminación nos seres vivos.

-Hixiene e manipulación dos productos pesqueiros.

-Equipos de manipulación e procesado da pesca: descabezadoras, fileteadoras e cintas transportadoras:

Bioloxía pesqueira:

* Correcta organización secuencial do traballo de manipulación das capturas.

* Hábito de uso de:

-Procedementos de conservación en xeo, neveiras e frigoríficos.

-Conxelación e desconxelación. Principios para aplicar.

-Conxelación rápida e lenta.

-Almacenamento de peixe conxelado.

-Armarios conxeladores de placas verticais e horizontais.

-Conxelación por salmoira.

-Desconxelación.

* Valoración da explotación pesqueira. Estratexias de explotación.

* Rigor na interpretación da regulamentación.

3.2.5. Módulo profesional 5: seguridade, prevención e supervivencia no mar:

Asociado á unidade de competencia 5: verifica-lo cumprimento das normas en materia de seguridade e supervivencia:

Capacidades terminais elementais

* Describi-los medios de protección persoal que deben utilizarse nos traballos que se realicen baixo cuberta e en espacios pechados, para facer un traballo seguro segundo establecen as normas de seguridade.

* Describi-las condicións de seguridade que se deben dar durante o embarque e desembarque de pasaxeiros, prácticos e tripulantes para que a operación sexa segura en todo momento.

* Describi-los traballos que se lles asignen ós tripulantes para asegura-la seguridade dos pasaxeiros.

* Describi-las medidas operacionais que se deben tomar durante o embarque e desembarque de mercadorías, para asegura-la seguridade das persoas.

* Elabora-lo plan xeral de urxencia e describi-las tarefas asignadas ós membros da tripulación nos exercicios e reunións de seguridade, que dea resposta ás situacións de urxencia segundo as características do buque, o número de tripulantes e medios de evacuación.

* Analiza-las situacións típicas de urxencia, abordaxe, incendio e inundación, describindo as medidas que, como norma xeral, deben tomarse inmediatamente.

* Analiza-las situacións de urxencia contra incendios relacionando o lugar onde se produce o lume e as características constructivas do buque (zonas principais verticais e integridade ó lume de mamparas, cubertas, sistemas de ventilación e evacuación) para planifica-la estratexia máis adecuada de contención e extinción do lume.

* Describi-las características dun sistema fixo de detección e alarma contra incendios para que cumpra as funcións que define a normativa SOLAS.

* Describi-las reaccións químicas que se producen nun incendio ó aplicarlle un axente extintor, segundo a natureza do combustible, o lugar onde se produce e a magnitude do incendio.

* Manexar con destreza os equipos portátiles (extintores de man e lanzas) e realiza-la extinción de pequenos incendios de aparellos eléctricos, líquidos combustibles en superficie ou en derrame por gravidade e en gases.

* Manexar con destreza lanzas de aspersión con chorro de auga e escuma para extinguir un incendio de grande envergadura.

* Entrar nun espacio pechado con fume simulado utilizando aparello respiratorio con equipo de protección e realiza-la extinción dun pequeno incendio con esparexedora de auga e rescate dun tripulante.

* Entrar nun compartimento no que se inxecta escuma de alta expansión e atravesalo provisto dun cable de seguridade e sen aparello respiratorio.

* Realiza-las operacións de mantemento e carga de extintores portátiles para realizar operacións, segundo establece a normativa.

* Describi-los elementos e características de funcionamento dun sistema automático de esparexedores, detección de incendios e alarmas para que cumpra a normativa SOLAS.

* Describi-los elementos característicos de funcionamento e mantemento dunha estación fixa extinción: CO, escuma mecánica, escuma química e po seco para que cumpra as normas SOLAS.

* Describi-las características técnicas e funcionais dos dispositivos individuais de salvamento para que cumpran as normas dos aros salvavidas, chalecos, traxe de inmersión, axudas técnicas establecidas para os buques de pasaxe e carga, respectivamente.

* Describi-las características técnicas e funcionais principais dos sinais ópticos para que se cumpran as normas dos foguetes lanzabengalas con paracaídas, bengalas de man e sinais de fume flotantes.

* Describi-las prescricións xerais que deben cumpri-las embarcacións de supervivencia, segundo as normas que se establecen na normativa SOLAS para

botes e balsas salvavidas e as funcións específicas adicionais que efectúen os buques de pasaxe e carga.

* Saltar á auga de forma segura desde certa altura provisto dun chaleco salvavidas ou traxe de inmersión debidamente vestido. Adrizar unha balsa salvavidas que está en posición invertida. Embarcar desde a auga, arranxa-lo equipo de navegación e manexa-lo equipo de localización.

* Describi-las características técnicas e de funcionamento dos dispositivos de posta en flotación e de embarque para que cumpran as especificacións normativas de posta en flotación con tiras e chigre, zafa hidrostática, caída libre, rampa de evacuación para balsas salvavidas.

* Pór en flotación de forma segura a embarcación de supervivencia, afastándoa do lugar e pondo en marcha o motor ou vogando, gornece-los equipos de localización emitindo en simulación unha mensaxe de socorro co equipo radioeléctrico e arranxando o bote para calquera situación de mar e tempo.

* Dirixir e pór en flotación de forma segura un bote de rescate. Rescatar da auga un náufrago. Pórse en contacto co helicóptero ou cun buque. Evacua-lo náufrago. Aplica-lo método de busca tendo en conta os factores ambientais e remolca-las embarcacións de supervivencia.

* Avalia-la dispoñibilidade operacional, mantemento e inspección a bordo e en terra de dispositivos de salvamento para establecer un plan de mantemento.

* Analiza-lo plan nacional de salvamento marítimo, describindo as unidades que serán activadas e os mecanismos que os poñen en alerta.

* Describi-los métodos de contención de vías de auga e sistemas de achique dos espacios anegados, enumerando os equipos e materiais que podemos empregar para contrasta-los efectos da avaría.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Seguridade e hixiene no traballo:

* Protección contra descargas eléctricas de equipos eléctricos, máquinas, cadros eléctricos, sistemas de distribución de forza.

* Protección de cadros de distribución de enerxía eléctrica.

* Almacenamento de acumuladores eléctricos.

* Probas e exames periódicos dos equipos utilizados na carga e descarga.

* Funcionamento dos compoñentes mecánicos de carga e descarga e dispositivos afíns.

* Revisión periódica das instalacións de refrixeración e sistemas de aire comprimido.

* Protección de aparellos de cociña e electrodomésticos que utilizan gases pesados e poden producir acumulación perigosa de gases.

* Almacenamento e etiquetaxe dos cilindros que conteñen gases inflamables ou perigosos.

* Condición de mantemento, sinalización e iluminación das vías e saídas de urxencia.

* Detección de incendios e sistemas de alarma.

* Utilización de instalacións mecánicas de ventilación en espacios pechados.

* Temperatura dos lugares de traballo, aloxamentos e servicios.

* Iluminación natural e artificial dos lugares de traballo.

* Protección das vías de circulación.

* Portas e dispositivos de protección e risco de caída ó mar.

* Dispositivos de seguridade para urxencias dos equipos de tracción: percorridos de viradores, cables...

* Illantes acústicos e térmicos, ventilación, iluminación e disposición dos aloxamentos e locais de servicios.

* Embarque e desembarque de prácticos, tripulantes e pasaxeiros.

* Plan de urxencia regra 8 e 53, Cap. III, SOLAS 74, emenda 83.

* Formación e exercicios periódicos relativos ó abandono do buque.

* Procedementos de urxencia para buques que transporten substancias perigosas:

-Tipo de substancia.

-Equipo de seguridade.

-Procedementos.

-Actuación inmediata.

-Primeiros auxilios.

* Prácticas de seguridade que deben ser tomadas cos combustibles líquidos, aceites lubricantes e outros aceites inflamables para cumprir coas limitacións e precaucións establecidas na regra 15, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Código de prácticas de seguridade relativo a cargas sólidas a granel.

-Precaucións de seguridade.

-Riscos de envelenamento, inmersión e asfixia.

-Riscos para a saúde do po de certas materias.

-Atmosferas inflamables.

-Sistemas de ventilación.

* Recomendacións sobre a entrada en espacios de carga, tanques, cámaras de gases, cámaras de combustible, quillas de caixón, tanques de lastre e outros espacios pechados.

Prevención e loita contra incendios:

* Protección estructural contra incendios.

-Integridade ó lume de mamparas e cubertas.

* Protección de espacios de aloxamento e servicios.

* Separación entre espacios de máquinas e cubertas.

* Sistemas de ventilación:

-Parada e peche, regra 16, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

-Sistemas fixos de detección e alarma contra incendios, regra 13, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Sistemas automáticos de esparexedores, alarma e detección de incendios. Accionamento e mantemento, regra 12, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Sistemas fixos de extinción, accionamento e mantemento de:

-CO (regra 5, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81).

-Halóxenos.

-Po seco (regra 6, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81).

-Escuma: química e mecánica (regra 8,9, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81).

* Equipo portátil de extinción: mantemento e manexo.

-CO.

-Halóxenos.

-Po seco.

-Escuma: química e mecánica.

* Equipos de protección: mantemento e manexo.

-Contra a calor.

-Antiácido estanco.

-Respiración autónoma.

* Organización da loita contra incendios.

-Métodos de loita contra incendios.

Salvamento: busca, rescate e supervivencia no mar:

* Dispositivos radioeléctricos de salvamento. Manexo e mantemento:

-Aparellos radioeléctricos portátiles para embarcación de supervivencia.

-Instalación radioeléctrica para bote salvavidas.

-Radiobalizas de localización de sinistros.

-Aparellos radiotelefónicos bidireccionais.

-Respondedor de radar.

* Dispositivos individuais de salvamento. Manexo e mantemento.

-Aros salvavidas.

-Chalecos salvavidas.

-Traxes de inmersión.

-Axudas térmicas.

* Manexo de aparellos lanzacabos.

* Sinais ópticos. Manexo e conservación.

-Lumes artificiais, lanzabengalas con paracaídas.

-Bengalas de mar.

-Sinais de fume.

* Posta a punto e embarques nas embarcacións de supervivencia:

-Balsas.

-Botes.

* Posta a punto e embarque nos botes de rescate.

* Adrezado de botes e balsas salvavidas.

Urxencias na navegación:

* Precaucións ó facer varar una embarcación.

* Primeiras medidas que deben adoptarse despois das abordaxes ou varadas.

* Avaliación e control de avarías.

* Contención de vías de auga: apuntalamento e taponamento.

Contidos conceptuais

Seguridade e hixiene no traballo:

* Instalacións mecánicas e eléctricas: proteccións.

* Vías e saídas de urxencia: condicións xerais, regra 45, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Detección de incendios: precaucións.

* Ventilación dos lugares de traballo pechados: condicións xerais.

* Temperatura dos locais: condicións xerais.

* Iluminación de espacios pechados e cubertas: condicións xerais de seguridade.

* Chans, mamparas e teitos dos lugares de traballo: precaucións xerais.

* Portas e varandas de seguridade nos espacios abertos.

* Vías de circulación en zonas perigosas: descricións xerais de seguridade.

* Disposición de seguridade nos lugares de traballo con aparellos, cables e alóns.

* Aloxamentos: condicións xerais de seguridade e hixiene.

* Código de prácticas de seguridade relativas a cargas sólidas a granel.

* Transporte de mercadorías perigosas: descricións xerais de seguridade.

* Entrada en espacios pechados: precaucións xerais.

Prevención, loita contra incendios:

* Química do lume.

* Propagación do lume.

* Materiais combustibles.

* Explosións.

* Fumes: aparición, efectos.

* Avaliación dos riscos de incendios.

* Protección estructural contra incendios, regra 42, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Axentes extintores: clases.

* Sistemas automáticos de detección e extinción.

* Sistemas fixos de extinción nos espacios de carga.

* Redes de auga, regra 4, capítulo II-2, SOLAS 74, emenda 81.

* Bombas contra incendios.

* Bocas contra incendios, mangas e lanzas.

* Redes de distribución.

* Extintores de incendio portátiles.

* Dispositivos de extinción nos espacios de máquinas.

* Conexión internacional.

* Colectivos contra incendios.

* Equipos de bombeiros.

* Plan de loita contra incendios.

Salvamento: busca, rescate e supervivencia no mar:

* Cadros de obrigas e consignas en casos de urxencia, regra 53, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

* Formación e exercicios periódicos relativos ó abandono do buque, regra 18, capítulo III, emenda 83.

* Adestramentos para casos de urxencias.

* Dispositivos individuais de salvamento:

-Precaucións xerais.

-Regras 4, 21, 27, 31, 32, 33, 34, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

* Embarcacións de supervivencia, sección IV, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

-Precaucións xerais.

-Balsas salvavidas: inchables e ríxidas.

-Botes salvavidas: parcialmente pechados, autoadizables e totalmente pechados.

* Botes de rescate. Prescricións xerais, regra 20, 26 e 47, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

* Dispositivos de posta en flotación e embarque, regra 48, 15, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

* Supervivencia no mar. Utilización dos recursos dispoñibles.

* Sinais de seguridade:

-Dispositivos radioeléctricos de salvamento.

-Bengalas de sinais de socorro, regra 35, 36, 37, capítulo III, SOLAS 74, emenda 81.

-Sistemas de comunicación a buque e sistemas de alarma.

* Manual de formación.

* Instrucción sobre mantemento a bordo dos equipos de salvamento, regras 19 e 52, capítulo III, SOLAS 74, emenda 83.

* Plan nacional de salvamento: procedementos de socorro.

Situacións de emerxencia:

* Home ó mar.

* Vías de auga.

* Varada.

* Abordaxe.

Contidos actitudinais

* Adoptar medidas inmediatas nos casos de urxencia.

* Previ-la contaminación do medio mariño.

* Observa-las prácticas de seguridade no traballo.

* Comprende-las ordes e facerse entender en relación cos traballos de a bordo.

* Facerse cargo dunha embarcación de supervivencia ou bote de rescate durante a súa posta en flotación ou despois dela.

* Manexa-lo motor dunha embarcación de supervivencia.

* Supervivencia no mar no caso de abandono do buque.

* Organiza-la supervivencia nas embarcacións despois do abandono do buque.

* Utiliza-los dispositivos de localización.

* Dispensa-los primeiros auxilios ós superviventes.

* Facerse cargo do bote de rescate.

* Manexa-lo motor do bote de rescate.

* Reducir ó mínimo o risco de incendios.

* Loitar contra os incendios e extinguilos.

* Controla-las operacións de loita contra incendios a bordo.

* Organizar e formar cuadrillas de loita contra incendios.

* Inspeccionar e mante-los sistemas e os equipos de detección e extinción de incendios.

3.2.6. Módulo profesional 6: atención sanitaria de urxencia a bordo:

Asociado á unidade de competencia 6: organizar e aplicar medidas de atención sanitaria urxente en caso de enfermidade ou accidente a bordo:

Capacidades terminais elementais

* Explica-las situacións e urxencias que requiren atención sanitaria inmediata.

* Describir anatomo-fisioloxicamente os aparellos e sistemas que compoñen o corpo humano, relacionándoo coa finalidade de examina-lo paciente.

* Identificar e valora-los principais síntomas e signos que caracterizan as situacións e urxencias, tanto de carácter médico como de tipo traumático.

* Seleccionar e secuencia-las accións, técnicas e manobras aplicables nas situacións de urxencia vital destinadas a estabiliza-lo paciente.

* Montar, manexar e manter en bo estado os medios técnicos complementarios destinados a diagnosticar e/ou trata-la persoa en situación de urxencia médica.

* Aplicar técnicas para o tratamento de feridas, hemorraxias, queimaduras, hipotermias, deshidratacións, fracturas, luxacións musculares e intoxicacións segundo os protocolos establecidos.

* Realiza-las técnicas de reanimación cardio-pulmonar e de toma de constantes vitais.

* Aplica-las técnicas de inmobilización e transporte de persoas feridas ou enfermas en función de protocolos de primeiros auxilios establecidos.

* Obte-las constantes vitais do enfermo ou accidentado a partir das medidas da frecuencia cardíaca e respiratoria, a temperatura e a presión arterial.

* Executa-las técnicas exploratorias e as medidas terapéuticas elementais destinadas a diagnosticar e/ou trata-lo paciente.

* Describi-las normas de coidado e atención a persoas moribundas e aplica-las medidas necesarias en caso de falecemento.

* Explica-lo procedemento para seguir co fin de contactar e recibir asesoramento radio-médico.

* Cubri-los libros de rexistro médico e regulamentos marítimos das viaxes por mar.

* Describi-la caixa de urxencias regulamentaria de a bordo e verifica-las existencias de medicamentos e material sanitario.

* Analiza-las condicións hixiénico-sanitarias que se deben dar para a consecución dunha vida saudable a bordo e aplica-las medidas correctoras que sexan precisas, tanto a nivel de hixiene persoal ou alimentaria do buque como ambiental.

* Describi-las acción básicas que hai que recoller nun programa de educación sanitaria ou de control ambiental a bordo.

* Planifica-las accións formativas sobre primeiros auxilios destinadas á mariñeiría e pasaxeiros.

* Determina-las accións formativas básicas para desenvolver no programa de control ambiental e educación sanitaria de a bordo en función do buque e a súa actividade.

* Describi-las medidas hixiénicas que se deben manter a bordo, en función do tipo de buque e das viaxes que deben realizar.

* Describi-las accións que deben planificarse para mante-los aloxamentos e acomodacións nas condicións que establece o dereito sanitario nacional e internacional.

* Explica-las medidas xerais de prevención de enfermidades infecto-contaxiosas (hixiene, vacinas) necesarias durante as viaxes por mar.

* Actuar responsable e dilixentemente nas situacións de urxencia vital, segundo os protocolos establecidos e non pondo en situación de risco a propia vida.

Contidos (duración 110 horas)

Contidos procedementais

Asistencia sanitaria de urxencia:

* Valoración xeral da persoa accidentada: aspecto, postura e estado de conciencia, observación e recollida no cuestionario básico de a bordo dos signos e síntomas, así como a súa localización.

* Toma de constantes vitais: pulso, respiración, temperatura e tensión arterial.

* Selección e aplicación das técnicas de cura, inmobilización, traslado e evacuación máis axeitadas nos pacientes traumatizados, así como dos procedementos de reanimación cardio-respiratoria e das medidas terapéuticas de urxencia destinadas a estabiliza-lo paciente en situación de risco vital.

* Preparación e administración dos diferentes tipos de medicamentos e prevención das posibles complicacións na súa administración.

* Montaxe, manipulación e mantemento do equipo para a consulta radio-médica, transmisión dos datos segundo os protocolos establecidos e anotación das indicacións recibidas.

* Formalización dos libros e rexistros médicos segundo as pautas establecidas.

* Verificación das existencias de medicamentos e material aconsellable de curas da caixa de urxencias.

* Amortallamento do cadáver.

Hixiene a bordo:

* Corrección das circunstancias que inciden negativamente na vida de a bordo.

* Comprobación da aplicación das medidas hixiénicas para ter en conta na manipulación e conservación de alimentos e de auga para consumo humano. Análises básicas para detectar alteracións neles.

* Aplicación das técnicas de saneamento ambiental (preventivas, de illamento, corentena, desinfección, desinsectación e desratización) destinadas a evita-la propagación de enfermidades.

Educación sanitaria:

* Selección e impartición de campañas formativas destinadas fundamentalmente a divulgar accións preventivas do estado de saúde ambiental e persoal e a ensinar técnicas básicas de primeiros auxilios entre o persoal de mariñeiría e pasaxeiros.

Contidos conceptuais

Asistencia sanitaria de urxencia:

* Descrición anatomo-fisiolóxica dos diferentes aparellos, sistemas e órganos.

* Feridas: concepto, tipos, tratamento e complicacións.

* Escordaduras e fracturas: concepto, causas, tipos, tratamento (vendaxes, férulas) e complicacións.

* Queimaduras-conxelación: concepto, causas, valoración da gravidade segundo extensión, profundidade e localización, tratamento e complicacións.

* Asfixia e parada cardíaca: causas, manifestacións e tratamento (reanimación cardio-respiratoria).

* Urxencias psiquiátricas: concepto, tipos, datos diagnósticos básicos, tratamento de urxencia.

* Enfermidades coronarias: clasificación, sintomatoloxía e tratamento de urxencias.

* Perda da consciencia: concepto, causas, manifestacións clínicas e tratamento de urxencia.

* Intoxicacións: concepto, causas, clasificación, datos diagnósticos básicos e tratamento de urxencia.

* Morte súpeta no mar: signos diagnósticos iniciais e tardíos.

* Enfermidades infecto-contaxiosas: concepto, clasificación, datos diagnósticos básicos, tratamento e medidas preventivas (illamento, corentena, esterilización, desinfección...).

* Farmacoloxía básica: indicacións, doses e principais vías de administración e contraindicacións dos fármacos máis usuais (analxésicos, antipiréticos, antihipertensivos, antieméticos, espasmolíticos...).

Hixiene a bordo:

* Hixiene ambiental: ventilación, calefacción, refrixeración, climatización e iluminación. Definición, tipos e indicacións.

* Hixiene do buque e da carga: materiais empregados na súa construcción, tipos e contraindicacións e características de salubridade dos espacios habitables.

* Hixiene alimentaria: medidas hixiénicas para ter en conta na manipulación e conservación de alimentos e da auga para consumo humano.

* Hixiene persoal: medidas de hixiene persoal, na vestimenta e no calzado, destinadas tanto a evita-la aparición e/ou propagación de enfermidades, como a facilita-las relacións interpersoais.

Educación sanitaria:

* Epidemioloxía: concepto de enfermidade transmisible, axente causal, cadea epidemiolóxica (reservorio, fonte de infección, mecanismos de transmisión), prevención, factores de risco...

* Hixiene, desinfección, esterilización, desinsectación, desratización. Concepto, tipos e indicacións.

* Enfermidades infecto-contaxiosas: concepto, clasificación, datos diagnósticos básicos, tratamento e profilaxe (illamento, corentena).

* Enfermidades de transmisión sexual: tipos, síntomas máis relevantes, mecanismos de transmisión, medidas profilácticas.

* Programas de educación sanitaria: aspectos para ter en conta para o seu deseño e aplicación.

Contidos actitudinais

* Consciencia do propio deber e das consecuencias que poden derivar do seu incumprimento.

* Importancia de actuar con responsabilidade e dilixencia nas situacións de urxencia vital.

* Seguridade na toma de decisións sobre as accións que se deben realizar no caso de urxencia vital ou de situación de risco para a saúde.

* Eficacia na aplicación das medidas de control e mantemento dos equipos e aparellos médicos.

* Aceptación das normas e responsabilidade do cargo.

* Interese pola conservación do ambiente, en especial do medio mariño.

* Respecto pola saúde, o ambiente e as condicións de seguridade e hixiene no traballo.

* Importancia das medidas preventivas destinadas a controlar ou evita-la propagación das enfermidades.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 7: lingua estranxeira (inglés):

Capacidades terminais elementais

* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Transferir dun código escrito a un oral, e viceversa, a información que se debe comunicar en lingua estranxeira.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Aplica-las estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais esixidos á normativa e o protocolo de cada país, relacionados coas operacións do contorno profesional.

* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

* Selecciona-la lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.

* Redactar na lingua propia unha traducción que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Resolver de forma autónoma os problemas de comprensión e de expresión relacionados cos contidos lingüísticos e comunicativos do contorno profesional.

* Respecta-las actitudes e comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ó que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións internacionais.

* Valora-la importancia da lingua como vehículo de comunicación e entendida no ámbito das relacións comerciais internacionais, da tecnoloxía, da cultura e do coñecemento.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral:

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:

-Selección e baleirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* A negociación na lingua estranxeira.

-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.

-Intercambio de opinións.

-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Peche e acordos.

Comunicación escrita:

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais:

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral:

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticos no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos.

Comunicación escrita:

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional, fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais:

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral:

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.

Comunicación escrita:

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

Aspectos socioprofesionais:

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.2. Módulo profesional 8: relacións no contorno de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

* Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

* Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

* Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa:

* Producción de documentos.

* Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflictos:

* Identificación da existencia dun conflicto.

* Análise das causas do conflicto.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

* Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación:

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións:

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

Liderado:

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre qué estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación de incentivos e efectos deles.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipula-los datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflictos:

* Clases.

* Causas.

* Formas de exteriorización.

* Solución de conflictos.

Negociación:

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións:

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado:

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores motivacionais.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

Conflictos:

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

Negociación:

* Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións:

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado:

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

Conducción e dirección de equipos de traballo:

* Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral:

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.3. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 55 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Relaciona-lo producto que se desexa obter co proceso administrativo-comercial que se precisa para o seu desenvolvemento, analizando os datos iniciais e os obxectivos que se pretendan acadar.* Determina-lo ámbito de actuación.

* Identifica-los trámites administrativos e a documentación.

* Selecciona-los xeitos de financiamento.

* Confirma-la viabilidade do proceso productivo.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

2.Defini-las características técnicas do proceso productivo e os métodos que aseguren a súa calidade.* Elabora-la documentación técnica e administrativa do producto:-Planos.
-Esquemas.
-Bosquexos.
-Formularios.
-Listas de materiais.
-Orzamentos.

3.Organiza-los traballos, tempos e materiais utilizados no proceso productivo, realizando a documentación, esquemas e gráficos.* Determina-la composición dos recursos humanos.

* Distribuí-los espacios a partir das necesidades previstas.

* Planifica-lo proceso productivo e os medios de traballo.
* Avalia-la xestión de aprovisionamento e subministros.

4.Realiza-las operacións encamiñadas á consecución do proceso productivo nun tempo esperable e de forma axeitada, avaliando e comparando os resultados de cada fase cos obxectivos previstos.* Identifica-la información técnica.

* Defini-lo proceso de traballo e a técnica máis axeitada.

* Relaciona-los cálculos que definen os parámetros de funcionamento do producto.

* Relaciona-las operacións técnicas de elaboración do producto.
* Determina-las medidas concretas para garanti-la viabilidade do proceso.
* Realiza-las operacións técnicas que verifican o correcto funcionamento do producto.

5.Elabora-lo plan de promoción e vendas aplicando as técnicas de marketing axeitadas.* Valora-las medidas máis axeitadas de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.
* Planifica-la promoción e venda do producto.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 710 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realiza-las prácticas de seguridade segundo as especificacións da compañía, códigos e regulamentos (en tódalas situacións que se poidan dar durante a formación no centro de traballo).* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes no traballo:-Roupa de protección.-Protección da cabeza.-Cabos e cintos de seguridade.

* Toma-las precaucións para a prevención de accidentes durante o embarque e desembarque de tripulantes e pasaxeiros.

* Toma-las precaucións para a entrada en espacios pechados:
-Calibración e uso dun medidor de osíxeno.
-Verificación e uso do indicador de gases combustibles.
* Asistencia na manobra de comprobación do goberno de emerxencia.
* Asistencia nas prácticas de seguridade aplicable a:
-Bulk carriers.
-Transportadores de mercadorías a granel.
-Cubertadas de madeira.

2.Realiza-las operacións de preparación, posta en flotación, embarque e manobra nas embarcacións de supervivencia.* Preparación, arriado e separación do costado do buque dun bote salvavidas.

* Preparación, arriado, separación do costado do buque e izado a bordo do bote de rescate.

* Tripula-lo bote con:
-Remos.
-Motor.
-Vela (se se dispón dela).

3.Realiza-las operacións de mantemento das embarcacións de supervivencia, dos seus equipos e sistemas de posta en flotación.* Comprobación do equipo das embarcacións de supervivencia e bote de rescate.

* Arrincado e manobra co motor do bote salvavidas.

* Comprobación da estiba e dos dispositivos de posta en flotación da embarcacións de supervivencia e botes de rescate.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Gornición da antena e comprobación da operatividade da estación portátil do bote salvavidas.

4.Localización e comprobación dos equipos individuais de salvamento e de socorro do buque.* Comprobación do equipo pirotécnico da ponte de navegación.

* Comprobación do equipo lanzacabos.

* Comprobación da baliza de localización.
* Comprobación do respondedor de radar.
* Comprobación do dispositivo de posta en flotación e sinais dos aros salvavidas de home á auga.
* Comprobación dos aros salvavidas.
* Comprobación dos chalecos salvavidas.
* Comprobación dos traxes de inmersión.
* Comprobación das axudas térmicas.

5.Realiza-las operacións de mantemento dos equipos portátiles de extinción.* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores portátiles de escuma química.
* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de escuma.
* Asistencia no mantemento e enchido dos extintores de po seco.
* Asistencia no mantemento dos extintores de CO2.
* Asistencia no mantemento e comprobación do equipo de respiración autónomo.
* Asistencia na comprobación e mantemento do equipo de bombeiro.
* Asistencia no mantemento e comprobación das estacións de extinción.

6.Realiza-las operacións de mantemento e comprobación dos equipos fixos de extinción de incendios.* Operacións da bomba de emerxencia:-Arrinque.
-Comprobación do bo funcionamento.
-Parada.
-Preparación para a posta en marcha.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema automático de esparexedores.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por escuma.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por CO2.
* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de extinción por hidrocarburos haloxenados.

7.Realiza-las operacións de control e mantemento dos sistemas de seguridade do buque.* Asistencia na comprobación e mantemento do sistema de detección de incendios.
* Asistencia no mantemento e comprobación do sistema de alarma xeral e contra incendios.
* Esbozo do diagrama do sistema eléctrico de emerxencia.
* Arrinque do xerador eléctrico de emerxencia.
* Participación nos exercicios de loita contra incendios.

7.Realiza-las operacións de control, planificación e dirección de urxencias e abandonos do buque, a súa tripulación e pasaxeiros.* Asistencia na posta ó día e comprobación do plan de emerxencia do buque.

* Participación nos exercicios de abandono do buque.

* Participación nos exercicios de loita contra o lume.

8.Realiza-las operacións de mantemento e inspección do buque en dique seco.* Inspección da obra viva, temón, hélice e proteccións catódicas.

* Inspección das áncoras e cadeas cando se estenden.

* Comprobación das marcas da cadea e a súa renovación, se for necesario.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Inspección da caixa da cadea e comprobación do entalingado da cadea no seu cáncamo.

9.Realizar traballos de cabullería e motonería nas manobras xerais do buque.* Traballos de cordame empregando nós, axustes e cotes.

* Costuras con cabos.

* Elaboración de costuras en amarre e trallas.
* Estibación de amantes nos carreteis.
* Asistencia no mantemento de enxarcias firmes e de labor.
* Desmontaxe de motóns de carga para inspección e mantemento.
* Asistencia na operación rutineira de aceitamento e engraxamento do equipo de cuberta.
* Realización da inspección completa dos aparellos de carga, segundo o gornecido e certificado do libro de medios de carga, para informa-lo primeiro oficial.

10.Realizar operacións de carga e descarga de mercadorías.* Levantamento de puntais e arranchado da manobra de descarga.
* Asistencia ó arriado e trincado de puntais e guindastres a son de mar.
* Operación de winchs e guindastres de carga, baixo supervisión.
* Izado e arriado de stais e antenas.

11.Realizar operacións de mantemento de cubertas, mamparos e costados.* Establecemento das medidas de seguridade que os traballos relacionados coas pinturas e disolventes implican, tomando as precaucións adecuadas.
* Preparación de superficies metálicas para pintar, incluíndo o uso de equipos mecánicos de picar, onde sexa aplicable.
* Pintado de superficies, incluíndo o uso de equipo mecánico de pulverización de pintura.
* Armado dunha guindola de contramestre, baixo supervisión.
* Gornición da escala real e rede de seguridade, baixo supervisión.
* Limpeza e inspección dos tanques de auga doce.

12.Realizar operacións de goberno do buque en navegación e manobra.* Asistencia ó oficial encargado da garda nas operacións rutineiras de verificación previa á saída ó mar.
* Goberno con xirocompás.
* Goberno con compás magnético.
* Realización de quendas de goberno á man, como mínimo durante 10 horas.
* Procedemento no cambio de goberno manual a automático ou viceversa.
* Goberno á man na entrada e saída do porto.
* Realización do seguimento das ordes ó temoeiro dadas polo capitán ou práctico.
* Operacións co teléfono, telégrafo e pito, seguindo ordes do capitán.
* Anotación no caderno de manobra das ordes do capitán.
* Sincronización do reloxo da máquina co de bitácora.

13.Realizar na cuberta as operacións de atraque, desatraque ou fondeo do buque na manobra de proa e popa.* Asistencia á manobra de cuberta para o atraque/desatraque e fondeo.

* Largado, virado, parada e volteado ós cabos de amarre.

* Operación con cabrestantes, winchs e molinetes de manobra.
* Asistencia na preparación das áncoras para o fondeo.
* Asistencia no virado e arranchado a son de mar da áncora e cadeas.
* Supervisado e estibado de cabos e amarres.
* Transmisión de ordes de proa a popa baixo supervisión.
* Gornición da escaleira de práctico e supervisión do embarque e desembarque.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

14.Realiza-las operacións rutineiras de garda de navegación (mínimo 6 meses) coa supervisión dun oficial cualificado.* Seguimento do procedemento correcto do relevo da garda.

* Operación de ploteo con radar, en condicións de tempo claro, comprobando resultados coas observacións visuais.

* Seguimento das recomendacións que se deben aplicar en situacións de visibilidade restrinxida.
* Aviso ó capitán cando as circunstancias o fagan necesario.
* Realización dos ensaios diarios e periódicos do equipo de goberno (sistema de goberno, teléfono, telégrafo, compás, xirocompás, pito e alarma xeral).
* Rexistro de acontecementos no caderno de bitácora.
* Cumprimento das obrigas do oficial encargado da garda de navegación cando embarca ou desembarca o práctico no mar.
* Realización da garda de fondeo coa supervisión do oficial cualificado.
* Asistencia ó oficial encargado da garda:
-No mar.
-En fondeo.
* Asistencia ó oficial encargado da garda nas operacións rutineiras de verificación previas á chegada ó porto.
* Observación da aplicación do regulamento para a prevención de abordaxes no mar.

15.Realiza-las operacións rutineiras de garda no porto, coa supervisión dun oficial cualificado.* Gornición de escala real e prancha.

* Face-la rolda, dar cabos e arrancha-la prancha, segundo as necesidades.

* Lectura de calados e comprobación da auga baixo quilla.
* Anotacións no caderno de manobras, baixo as ordes do oficial de garda.
* Toma de sondaxe rutineira de sentinas e tanques.
* Asistencia na carga, supervisión e estiba de provisións.
* Elaboración do inventario de provisións.
* Orientación, peche e cubrición de ventilacións.
* Acondicionamento do sistema mecánico de ventilación das adegas, onde estea instalado.
* Asistencia na manobra de toma de combustible.
* Asistencia na gornición de cabos de seguridade e arranchado xeral para mal tempo.
* Busca de polisóns.
* Asistencia ó primeiro oficial nas operacións rutineiras de verificacións previas á saída ó mar.

16.Realiza-la preparación de adegas para a carga.* Asistencia á limpeza e preparación da adega.
* Limpeza e inspección de sentinas e pozos de drenaxe.
* Comprobación de embornais.
* Topear tanques de lastre.
* Comprobación da estanquidade das tapas de adegas.
* Supervisión de apertura das tapas de adegas, prestando atención ós arames e cáncamos de seguridade das tapas de aceiro.
* Aseguramento de galeotas.
* Inspección de escaleiras e agarradeiras de mans, informando dos danos.

17.Supervisión das operacións de carga e descarga.* Inspección dos aparellos de carga, antes e durante a carga.
* Supervisión da colocación da madeira de estiba antes e durante a carga.
* Gornición e iluminación portátil na adega, cando sexa necesario.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Mantemento libre do paso nas cubertas.
* Asistencia ó oficial na supervisión da carga ou descarga, interpretando planos de estiba.
* Asistencia na separación da carga.
* Realización das referencias adecuadas cando se manexan mercadorías clasificadas no código IMDG.
* Arranxar ventilación de adegas.
* Control e rexistro de temperaturas.
* Anotación dos danos a cargo ou ó buque e informa-lo primeiro oficial.
* Inspección do trincado de:
-Contedores.
-Vehículos.
-Carga sobre cuberta.

18.Realiza-lo control da estabilidade.* Asistencia na preparación do plan de carga.
* Anotación da carga especial ou correo.
* Medición e cálculo de espacios mortos.
* Uso da medida dos calados para calcula-la carga ou descarga.
* Cálculo da estabilidade.
* Uso do instrumento de carga, se se ten, para comprobar que o momento flector e os seus efectos cortantes están nos límites admisibles.

19.Realiza-las operacións de arranchado de cuberta para a saída ó mar.* Asistencia na manobra de pechar e asegurar tapas de zapóns.

* Asistencia no arranchado de:

-Tapa de tanques.
-Estanquidade das tapas e zapóns.
* Asistencia na estiba e asegurado de puntais e guindastres.
* Asistencia ó primeiro oficial na comprobación de que o buque está arranchado a son de mar.

20.Realiza-las operacións rutineiras da navegación costeira.* Interpretación das abreviaturas das cartas.
* Trazado e comprobación de rumbos na carta.
* Aplicación de variacións, desvíos e erros de xiro.
* Comprobación de erros de compás por acimut do sol e de estrelas.
* Entrada de resultados de erros de compás no libro de compás.
* Comprobación dos rumbos dos compases e verificación do rumbo dos repetidores do xirocompás.
* Comprobación periódica de que o rumbo do buque, feito polo temoeiro ou piloto automático, é o correcto.
* Fixa-la posición do buque con demoras tomadas con compases e alidadas.
* Lectura do carril, distancia percorrida.
* Estimación do abatemento.
* Aplicación da información de mareas da carta, correntes e mareas do atlas.
* Determinación da posición estimada por cálculos e estima.

21.Realiza-las operacións rutineiras da navegación electrónica.* Fixa-la posición do buque con marcacións de radar.
* Obtención da profundidade con eco-sonda.
* Aplicación das curvas de calibración para as correccións das demoras tomadas por gonio.
* Fixa-la posición do buque con demoras tomadas con gonio.
* Fixar posicións por demoras de gonio aplicando a corrección de converxencia cando sexa preciso.
* Fixar posicións por calquera outro sistema radioelectrónico, aplicando correccións de táboas ou diagramas:
-OMEGA.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

-DECCA.
-LORAM.
-GPS.

22.Propor un plan de viaxe, seleccionando cartas e publicacións náuticas e tendo en conta información meteorolóxica.* Realización das correccións de cartas co boletín de avisos ó navegante (con medios electrónicos se estivesen dispoñibles).
* Asistencia e posta ó día das cartas de navegación.
* Obtención da información a través de:
-Catálogo de cartas.
-Lista de luces.
-Lista de radio-sinais.
-Derrotas.
* Cálculo da altura de mareas en portos estándar e secundarios.
* Cálculo da altura da marea a unha hora determinada.
* Trazado da derrota do buque para unha viaxe.

23.Realiza-las operacións de comunicacións con procedementos radiotelefónicos e código de sinais.* Mantemento operativo da lámpada de sinais e as súas baterías.

* Contacto con buques e estacións terrestres por medio de sinais morse.

* Baixo supervisión, comunicación con buques e estacións costeiras por medio do radioteléfono, usando o vocabulario estándar de navegación marítima.
* Baixo supervisión, conexión e comprobación da alarma radiotelefónica.
* Baixo supervisión, conexión e comprobación da alarma radiotelegráfica.
* Práctica co código internacional de sinais, bandeiras e sinais acústicos na entrada e saída do porto.

24.Realiza-las medicións e observacións meteorolóxicas rutineiras.* Estimación da forza e dirección do vento. Estado do mar.
* Realización das lecturas de:
-Termómetro.
-Higrómetro.
-Barómetro.
-Barógrafo.
* Identificación do tipo de nubes.
* Estimación da visibilidade.
* Codificación e descodificación de información meteorolóxica.

25.Realizar operacións rutineiras de mantemento do equipo de seguridade na sala de máquinas.* Identificación das vías de acceso e evacuación dos espacios de máquinas.
* Asistencia ás operacións rutineiras de mantemento dos equipos e dispositivos de seguridade contra incendios na sala de máquinas.

26.Toma de datos da arte de pesca.* Debuxo a escala de plano da arte de pesca, indicando tipos de materiais, luz de malla, distribución de flotadores e lastres.
* Debuxo da disposición xeral do buque para a manobra de largado/virado da arte e/ou aparellos de pesca.

27.Control e manobra das faenas de pesca.* Toma de datos, posición, rumbo, RPM, sonda, carril, cable, distancia radar para manobras, temperatura da auga.
* Alteracións importantes: cruzamento con outros buques, arriado/izado de marcas, cambios de rumbo 90, accidentes do fondo importantes na pesca.
* Realización de planimetría do lance de pesca: indicar posicións de saída, chegada e intermedias.
* Realización de plano do perfil fondo e situacións.

28.Realiza-la manobra de largado e virado.* Comprobación da posición do buque en relación co vento.
* Comprobación da posición do buque respecto a outros buques na costa.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Comprobación de que a arte de pesca está clara na auga.
* Execución baixo supervisión de:
-Control de máquina.
-Control de rumbo de largada.
* Control da faena de largada/virada, malletas, portas e cable.

29.Comprobar, avaliar e repara-las roturas producidas na arte de pesca.* Sinalización, no plano da arte de pesca, da situación e forma das avarías.
* Corte e unión de panos e redes.
* Armado dos panos sobre as relingas.

30.Asistir ó armado dunha arte nova, segundo instruccións de montaxe.* Armado de flotadores, lastres e xaretas.
* Montaxe de ventos, calóns e malletas.
* Montaxe de falsa boza e pés de galo.

31.Verifica-las operacións de manipulación e procesado do peixe, baixo supervisión.* Clasificación, eviscerado e lavado.

* Estiba e conservación.

* Control das operacións de limpeza e desinfección dos elementos do buque.

32.Realiza-los traballos de axuste e mantemento rutineiro dos sistemas de regulación e control, seguindo as normas e procedementos establecidos no libro de instruccións.* Identificación dos elementos e as súas funcións.

* Descrición dos modos de operación.

33.Realizar traballos de substitución de sensores, calibración e axuste nos sistemas de indicación e alarma.* Axuste de valores de consigna, modo de operación automático/manual e cambio de porto/máquina.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Debuxo técnico.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de navegación, pesca e transporte marítimo:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administraciónNavegación e instalacións mariñasProfesor de ensino secundario

2Manobra e carga do buqueMáquinas, servicios e producciónProfesor técnico de FP

3Goberno do buqueNavegación e instalacións mariñasProfesor de ensino secundario

4Pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercialProfesor especialista (1)

Máquinas, servicios e producción

Profesor especialista (1)

Profesor técnico de FP

5Seguridade, prevención e supervivencia no marNavegación e instalacións mariñasProfesor de ensino secundario

6Atención sanitaria de urxencia a bordoNavegación e instalacións mariñas

Procesos sanitarios

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

7Lingua estranxeiraInglésProfesor de ensino secundario

8Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Profesor especialista dos previstos no artigo 33.2º da LOXSE.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulación declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente para

efectos de docencia

Navegación e instalacións mariñas-Diplomado en máquinas navais-Diplomado en navegación marítima-Diplomado en radioelectrónica naval-Enxeñeiro técnico naval, en tódalas súas especialidades

Procesos sanitarios-Diplomado en enfermería-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais

Formación e orientación laboral-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de navegación, pesca e transporte marítimo require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Taller de artes e aparellos240 m180 m15%

Laboratorio de pesca60 m60 m20%

Taller de seguridade e supervivencia120 m90 m15%

Buque de prácticas (1)--15%

Aula polivalente60 m40 m35%

(1) Espacio singular non necesariamente localizado no centro docente.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración.

* Manobra e carga do buque.

* Seguridade, prevención e supervivencia no mar.

* Atención sanitaria de urxencia a bordo.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Manobra e carga do buque.

* Goberno do buque.

* Pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercial.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en máquinas navais.

* Diplomado en navegación marítima.

* Diplomado en radioelectrónica naval.

* Enxeñeiro técnico aeronáutico (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico industrial (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico naval (tódalas especialidades).

* Enxeñeiro técnico de telecomunicación (tódalas especialidades).

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

210Manobra e carga do buque

240Goberno do buque

210Pesca marítima e bioloxía das especies de interese comercial

110Seguridade, prevención e supervivencia no mar

130Lingua estranxeira (inglés)

4º, 5º e 6º trimestre

55Dereito marítimo, lexislación pesqueira e administración

110Atención sanitaria de urxencia a bordo

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

55Proxecto integrado

710Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 60 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.