Por Orde do 6 de maio de 1999 (DOG nº 96, do 21 de maio), a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de vehículos especialmente preparados para misións de protección civil.
Analizadas as solicitudes e a súa documentación, os servicios competentes da Dirección Xeral de Protección Civil emitiron o correspondente informe, e de conformidade co punto 5º da devandita orde
RESOLVO:
Primeiro.-Concederlles con cargo á aplicación 13.05.624.1, do programa 231A, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, a cesión en propiedade dun vehículo todoterreo modelo Nissan Patrol longo, teito alto, 6 cc, diesel RD 28 equipado para misións de protección civil ós seguintes concellos:
Muros.
Padrón.
Val do Dubra.
Foz.
Ribadeo.
Vilamarín.
Vilar de Santos.
Xunqueira de Espadanedo.
Cerdedo.
Ribadumia.
Caldas de Reis.
Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir, e que se formalizarán mediante convenio no que constará o acordo da cesión e a aceptación do cesionario.
Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de
dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contecioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 1999.
Jesús Carlos Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais