Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 20 de agosto de 1999 Páx. 10.476

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de agosto de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 9 de febreiro), pola que se regula a concesión de subvencións ás asociacións e institucións privadas sen fin de lucro e entidades análogas para fomenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega.

A Orde do 28 de xaneiro de 1999 (DOG do 9 de febreiro) regula a concesión de subvencións ás

asociacións e institucións privadas sen fin de lucro e entidades análogas para fomenta-lo coñecemento e o uso social da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8 da devandita orde, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º

A concesión de axudas na contía que se indica ós proxectos relacionados no anexo I desta orde. Nesta relación inclúense os proxectos que non se subvencionan por non acadaren suficiente prioridade de acordo cos criterios establecidos na Orde do 28 de xaneiro de 1999.

Artigo 2º

Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non atende-lo requirimento de emenda de erros no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º

Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra do prazo establecido no artigo 6 da orde de convocatoria ou por tratarse de suxeitos expresamente excluídos polo artigo 1 da orde de convocatoria.

Artigo 4º

As entidades ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 10 da Orde do 28-1-1999.

Artigo 5º

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 c) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria