A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de abril de 1999 (DOG do 13 de maio), aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación (anexo I e II), para bolsas de predoutoramento e prórrogas de bolsas para técnicos especialistas en especialidades agrarias (anexo III e IV) do Programa de Investigación Agraria do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.
Nas bases 4, 8, 8, 7 dos anexos I, II, III e IV respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que designará o director xeral de Desenvolvemento Rural e o secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.
Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada polas citadas comisións, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural
RESOLVEN:
Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada en agricultura, gandería e política agroalimentaria ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía e polas anualidades que, en cada caso, se sinalan.
Segundo.-Vista a avaliación favorable e de acordo co establecido no punto 2.1 das bases da convocatoria, emítese informe favorable dos proxectos que se relacionan no anexo II e polos importes que se citan, co fin de que a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria proceda ó seu financiamento con cargo ós seus orzamentos de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias.
Terceiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial no
sector agrario ás empresas que se relacionan no anexo III desta resolución, na contía e polas anualidades, que en cada caso, se sinalan.
Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas nos mencionados anexos I, II e III que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.
Quinto.-Concederlles bolsas para a realización da tese de doutoramento, durante o período do 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro do 2000 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo IV desta resolución.
Sexto.-Concedérlle-las prórrogas das bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, por un período de catro meses a partir de setembro de 1999 ás persoas que se relacionan no anexo VI desta resolución.
Sétimo.-No caso de producirse algunha renuncia ás bolsas ás que se refire o anexo IV desta resolución, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, se é o caso, e tendo en conta o remanente de crédito, adxudicarálle-la dita axuda a outros candidatos de acordo coa lista de suplentes elaborada pola comisión e que se inclúe no anexo V desta resolución. A asignación farase pola mesma orde que figura no dito anexo V.
Oitavo.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 22 de abril de 1999 (DOG do 13 de maio) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.
Noveno.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; non embargante, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que estimen oportuno.
Disposición derradeira
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.
José Mariano Pérez Fernández
Director xeral de Desenvolvemento Rural
Miguel Ángel Ríos Fernández
Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento
ANEXO I
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN APLICADA NO SECTOR AGRARIO
(anos) (miles de ptas.) (miles de ptas.) (miles de ptas.) (miles de ptas.)
Investigador Título do proxecto Duración
1ª anualidade
2ª anualidade
3ª anualidade
Total
Subproxecto 1. Estudio da nutrición nitroxenada e da adaptación fisiológica a stress abiótico: déficit de auga e baixa temperatura. (USC).
Subproxecto 2. Diversidade de variedades locais, selección varietal e obtención de liñas puras e avaliación do valor agronómico e cualitativo. (CSIC)
(USC)
4.500
(CSIC) (USC)
800
(CSIC) (USC)
800
(CSIC) (USC)
6.100
(CSIC)
Ares Mazas, Elvira Cryptosporidioses na gandería bovina galega. Estudios de prevalencia, tratamento e control 3 6.000 1.600 1.400 9.000
Cepeda Sáez, Alberto Desenvolvemento de tests de detección eficaces para corticosteroides usados ilegalmente durante o proceso de obtención da carne 2 8.000* 2.000 ----- 10.000
Crecente Maseda, Rafael Desenvolvemento dun modelo, baixo soporte GIS, para a axuda na toma de decisións na planificación e execución de actuacións de concentración parcelaria 3 4.500* 1.600 1.400 7.500
Fábregas Casal, Jaime Producción de ácidos graxos eicosapentanoico (EPA), docosahexanoico (DHA) e araquidónico (ARA) en microalgas para insatura-las graxas dos polos 2 3.000* 1.500 ----- 4.500
García Queijeiro, José Manuel Os sistemas de socalcos do sueste galego: cartografía, catalogación e caracterización desde o punto de vista edafoclimático 3 4.400 1.600 1.400 7.400
Hernández Nistal, Josefina Desenvolvemento de variedades xeneticamente melloradas de leguminosas adaptadas ás condicións agroecolóxicas de Galicia:
3 2.500
800
600
3.900
Merino de Cáceres, Fuencisla Avaliación dos patotipos presentes en Galicia causantes da tristeza no pemento de Padrón e estudio da resposta fisiolóxica asociada á resistencia 2 5.000* 2.000 ----- 7.000
Rodríguez Soalleiro, Roque Manexo de corta e adición de cinzas de cortiza arbórea para o aproveitamento sostible de plantacións forestais 3 4.500* 2.000 500 7.000
* As cantidades sinaladas con asterisco imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.432A.740.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 1999, e as restantes á aplicación 04.07.432A.740.0 dos anos 1999, 2000 e 2001.
ANEXO II
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN APLICADA NO SECTOR AGRARIO
(anos) (miles de ptas.) (miles de ptas.) (miles de ptas.) (miles de ptas.)
Investigador Título do proxecto Duración
1ª anualidade
2ª anualidade
3ª anualidade
Total
Carballo Santaolalla, Juan Antonio Maduración da carne de vacún: efecto do tipo de animal e do tempo de conservación 3 4.600 3.900 4.000 12.500
Fernández Rodríguez, Miguel Estudio sobre a mellora do diagnóstico de campo da tuberculose bovina: busca de alternativas diagnósticas rápidas de alta especificidade 3 1.100 5.500 400 7.000
González Warletta, Marta Factores de crecemento no gando ovino: utilidade como criterio de selección e como índice do desequilibrio nutricional: estudios in vivo e in vitro 3 3.600 5.100 3.800 12.500
Estas cantidades imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.432A.640.1 dos anos 1999, 2000 e 2001.
ANEXO III
PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN EMPRESARIAL NO SECTOR AGRARIO
(anos) (miles de ptas.) (miles de ptas.) (miles de ptas.)
Empresa Título do proxecto Duración
1ª anualidade
2ª anualidade
Total
C.R.D. Específica Lacón Galego Caracterización e mellora da calidade do lacón galego e productos xenuínos de porco celta 2 11.000* 4.000 15.000
Conejos Gallegos, S.C.L. (COGAL) Influencia do fotoperíodo e o tipo de luz na reproducción en cunicultura 1 3.500* ----- 3.500
Cooperativas Orensanas, S.C.L. (COREN) Vacunación in ovo 2 8.000 4.000 12.000
Kiwi España, S.A. Introducción de sistemas innovadores e melloras nas técnicas de producción do kiwi 2 5.000 3.000 8.000
* As cantidades sinaladas con asterisco imputaranse á aplicación orzamentaria 09.02.432A.770.0 do ano 1999, e as restantes á aplicación 04.07.432A.770.0 dos anos 1999 e 2000.
ANEXO IV
BOLSAS DE PREDOUTORAMENTO DO PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN AGRARIA
Nome Título da tese DNI Media final
Consecuencias para a agricultura de precisión
Santoalla Lorenzo, Mª Concepción Avaliación dos residuos industriais das fábricas de azucre como emenda de solos ácidos fronte a materiais encalantes tradicionais. Efecto sobre a dinámica de nutrientes e a producción de alfalfa e trevo branco 33331279 R 2,659
Ulloa Guitián, Monserrat Variabilidade das propiedades xerais e nutrientes en cuncas agrícolas.
34264187 Y 1,829
ANEXO V
SUPLENTES DAS BOLSAS DE PREDOUTORAMENTO DO PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN AGRARIA
Nome Título da tese DNI Media final
Ascasibar Errasti, Javier Caracterización e avaliación dos maceirais (Malus x doméstica Borkh) galegos recollidos no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo 15366802 L 1,816
Estévez Sío Jesús Ignacio Mobilidade e bioasimilabilidade de Zn e Cd en solos 76990073 B 1,572
Michinel Álvarez, Marta Felisa Caracterización microbiolóxica do lacón galego ó longo do seu proceso de elaboración 34998109 K 1,811
Vidal Vázquez, Eva Estudio da rugosidade do solo e a súa relación coa retención de auga en microdepresións 34892502 F 1,687
ANEXO VI
PRÓRROGA DE BOLSAS PARA TÉCNICOS ESPECIALISTAS DO PROGRAMA DE INVESTIGACIÓN AGRARIA
Nome Centro DNI
Facal Turnes, José Amancio Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo 32794858 D
Rodríguez Rodríguez, José Manuel Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo 34967670 B
Sebio Pual, Xosé Lois Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo 36148469 J
Seoane Bello, Emilio José Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo 44808470 P

