Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.671

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xullo de 1999 pola que se autoriza ó centro privado Centro de Formación Terra de Lugo para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos.

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Centro de Formación Terra de Lugo, polo que se solicita autorización definitiva para imparti-lo ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, que se remite cos informes correspondentes,

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, o Real decreto 777/1998 (BOE do 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no

ámbito do sistema educativo, o Real decreto 1660/1994 (BOE do 30-9-1994) polo que se establece o título de técnico superior en administración de sistemas infomáticos, o Decreto 224/1997 (DOG do 22-8-1997), polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en administración de sistemas informáticos, o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado Centro de Formación Terra de Lugo para poder imparti-los ciclos formativos de grao superior que se especifican no anexo da presente orde.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro que pola presente orde se autoriza deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada polo Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: polígono industrial do Ceao, rúa da Terra-centro deportivo.

Código do centro: 27016686.

Denominación específica: Centro de Formación Terra.

Titular: Agrupación Prone, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Familia profesional: informática: 1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos (2 unidades, 30 postos/unidade).

Composición resultante:-1 ciclo formativo de grao superior de administración de sistemas informáticos da familia profesional de infomática (2 unidades, 30 postos/unidade).-1 ciclo formativo de grao superior de animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional de actividades físicas e deportivas (2 unidades).