Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria número 2 de Gondomar (Pontevedra).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156 do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Direc

ción Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Gondomar.

Localidade: Gondomar.

Código do centro: 36020261.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2 de Gondomar.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Terra de Turonio.