Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.672

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xullo de 1999 pola que se constitúe o colexio rural agrupado de Tomiño no concello de Tomiño (Pontevedra).

Examinado o expediente sobre a constitución do colexio rural agrupado de Tomiño, tramitado pola Delegación Provincial de Pontevedra,

Visto o Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), polo que se aproba o Regulamento das escolas de infantil e dos colexios de primaria, e a Orde do 22 de xullo de 1997 (DOG do 2 de setembro), que desenvolve o dito decreto.

Esta consellería, en virtude do establecido no artigo 6.3º do referido Decreto 374/1996 e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Constituí-lo colexio rural agrupado de Tomiño (Pontevedra).

Segundo.-Integrar no colexio rural agrupado de Tomiño os colexios e escolas, que se suprimen como tales, de: A Aurora (código 36016504), Amorín (código 36009299), O Barro (código 36009512), A Granxola (código 36009354), O Seixo (código 36009536), Os Liñares (código 36014106), Gabín (código 36009391), Piñeiro (código 36017612), Taborda (código 36020431), Vilachán (código 36014118) e Vilameán (código 36017363).

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Tomiño.

Localidade: Tomiño.

Centro: Colexio Rural Agrupado de Tomiño.

Código do centro: 36024045.

Zona educativa : Tomiño.

Unidades

Educación infantil: 9.

Educación primaria: 1.

Total: 10.

LocalidadePostos de traballo

EIEP

Amorín11
Estás (A Granxola)11
Figueiró (Os Liñares)1-
Forcadela (Gabín)1-
Piñeiro1-
Taborda1-
Tomiño (A Aurora)1-
Tomiño (O Barro)11
Tomiño (O Seixo)3-
Tomiño (Vilachán)12-
Vilameán1-
Educación física1
Educación musical1
Pedagoxía terapéutica1

Total postos20