Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.
Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala
do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.
En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.
Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes
ANEXO
Expediente: PO-01157-I-1998.
Matrícula: PO-7127-AD.
Denunciante: agentes nº 44 e 74.
Denunciado: Empresa Miño, S.L.
Último enderezo coñecido: Pazos de Reis, s/n. 36700 Tui, Pontevedra.
Feito denunciado: realizar transporte escolar, carecendo da correspondente autorización, e do libro de reclamacións, servicio público.
Precepto infrinxido: artigo 222.5º do Real decreto 1211/1990 e O.M. do 25 de outubro de 1990.
Precepto sancionador: artigo 143 Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.
Sanción imposta: 50.000 ptas.
Resolución recurso: desestimado.

