Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 178/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, con centro de transformación e redes de baixa tensión nos lugares de Cachufeira de Vigo, do termo municipal de Miño (expediente 178/1998) por resolución desta delegación provincial de Industria do 26 de abril de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 1 de setembro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Miño, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 16 de xullo e no BOP do 1 de xullo, e no xornal El Ideal Gallego do 16-7-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se

produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións