Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 131 e 364/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, con centro de transformación no lugar de Ardariz, no termo municipal de San Sadurniño (expediente 364/1998) e liña eléctrica aérea a 20 kV, con centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Seixal-Dorna, no termo municipal de Ortigueira (expediente 131/1998) por resolucións desta delegación provincial do 11 de marzo e 5 de marzo de 1999, respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 2 de setembro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e deritos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de San Sadurniño e Ortigueira, deducida da que se someteu a información pública no DOG con data do 17 de decembro, no BOP con data do 30 de novembro, no xornal La Voz de Galicia con data do 10-11-1998 e no DOG con data do 17 de xullo, no BOP, con data do 9 de xuño, no xornal La Voz de Galicia con data 8-6-1998, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do

levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións