En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e á orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de S.A.T. de Galicia, así como as modificacións, disolucións, cancelacións e baixas provisionais que se citan.
Constitución de:
A sociedade agraria de transformación O Balao, S.A.T. nº 1027 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Marei-Corgo (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 49.410.000 pesetas; nº de socios: 3.
A sociedade agraria de transformación A Campa, S.A.T. nº 1028 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Lg. da Campa-Fisteus-Curtis (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gandos; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.
A sociedade agraria de transformación Castro de San Gregorio, S.A.T. nº 1029 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Santa Mª de Gonzar-O Pino (A Coruña); obxecto social: cría e cebo de gando porcino en réxime intensivo; así como de gando vacún de carne con cebo de xatos; capital social: 900.000 pesetas; nº de socios: 4.
A sociedade agraria de transformación Lola, S.A.T. nº 1030 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lantarou, s/n, Outes (A Coruña); obxecto social: producción, transformación e comercialización das produccións helicícolas. Dar valor ás produccións de kiwi e cereixa da explotación familiar; capital social: 1.000.000 de pesetas; nº de socios: 4.
A sociedade agraria de transformación Perilla, S.A.T. nº 1031 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Alón de Abaixo-Santa Comba (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.
A sociedade agraria de transformación O Campo, S.A.T. nº 1032 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en
Gulfar-Xián, s/n, Taboada (Lugo); obxecto social: producción gandeira; capital social: 31.500.000 pesetas; nº de socios: 3.
Modificación de:
A sociedade agraria de transformación Florinor, S.A.T. nº 858 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 29 de abril de 1999, acordan por unanimidade a renovación da xunta rectora, integrada por: Luis de Anta Rodríguez, presidente; Jesús Rial González, secretario; Juan Ramón Rúa Rodríguez, Perfecto Luis Rúa Rodríguez, Flaviano Lage Fernández, Raúl Gómez Pousa e José Luis Damonte Alén, vocais.
A sociedade agraria de transformación Salgado-Boimorto, S.A.T. nº 904 XUGA, na asemblea xeral do 24 de xuño de 1999, acordan por unanimidade:
1º A baixa dun socio e a alta doutro, sen variación no capital social.
2º A elección de nova xunta rectora integrada por: Jesús Pardo Salgado, presidente; Elena López García, secretaria; e Jesús Miguel Pardo López, vocal.
A sociedade agraria de transformación Finca La Asunción, S.A.T. nº 850 XUGA, na asemblea xeral do 20 de abril de 1998, acordan por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por: Santiago García Souto, presidente; Santiago García Penas, secretario; e Asunción Souto Lamas, vocal.
A sociedade agraria de transformación Río Ulla, S.A.T. nº 903 XUGA, na asemblea xeral do 1 de xuño de 1999, acordan por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por: Manuel Touceda Barros, presidente; Manuela Matalobos Nodar, secretaria e Ramiro Touceda Matalobos, vocal.
Disolución de:
A sociedade agraria de transformación Villabol, S.A.T. nº 1959, na asemblea xeral do 10 de maio de 1999, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.
Cancelación de:
A sociedade agraria de transformación Villabol, S.A.T. nº 1959, na asemblea xeral do 19 de maio de 1999, acordan por maioría aproba-lo informe-balance final e a súa cancelación.
Baixa provisional de:
A sociedade agraria de transformación Visur, S.A.T. nº 539 XUGA, por mandamento do 25 de maio de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.
A sociedade agraria de transformación Pegariños, S.A.T. nº 5306, por mandamento do 26 de abril de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.
A sociedade agraria de transformación Quintáns-Rois, S.A.T. nº 3963, por mandamento do 26
de abril de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.
Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.
Secundino Grobas Mosquera
Director xeral de Industrias e Alimentación

