Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 14 de xullo de 1999 pola que se lle outorga a Stolt Sea Farm, S.A., autorización para modifica-las instalacións dunha granxa mariña, situada en Punta Graña, Couso, Ribeira (A Coruña).

Vista a documentación presentada, con data do 20 de outubro de 1998 (nº de rexistro 12.303, Delegación Territorial da Consellería na Coruña) por Pablo García Rodríguez, en representación de Stolt Sea Farm, S.A., solicitando autorización para modifica-las instalacións da granxa de cultivo de rodaballo situada en Punta da Graña, Ribeira (A Coruña), da que é titular.

As características básicas desta modificación consisten fundamentalmente en substituír 28 tanques de cultivo, mellorando a súa circulación da auga ó facelos circulares e dotalos de soleira inclinada, o que supón mingua-la actual superficie de cultivo, que se compensa pola construcción doutros 21 tanques que están situados en dúas naves anexas á modificada.

Considerando que a tramitación do expediente se realizou conforme co disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993), no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre (DOG nº 142 do 24-7-1997), e demais lexislación de aplicación.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, tendo en conta os informes que constan no expediente, á vista do informe do servicio técnico xurídico e por proposta da Delegación Territorial desta consellería na Coruña, e co visto e prace do director xeral de Recursos Mariños,

RESOLVE:

Autorizar a Stolt Sea Farm, S.A. (CIF A-28682987) a modificación das instalacións do seguinte establecemento de acuicultura:

Tipo de establecemento: granxa mariña.

Especie autorizada: rodaballo (Scophtalmus maximus).

Capacidade: 200 Tn/ano.

Situación: Punta Graña, Couso, concello de Ribeira (A Coruña).

Título habilitante: 12-2-1986 (DOG nº 42 do 28-2-1986).

Vixencia: 28-2-2006.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: as modificacións realizaranse de acordo co proxecto titulado proxecto de ampliación da granxa de rodaballos elaborado por E.F. Ingenieros, S.L., visado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos o 6 de maio de 1998, e que se inclúe no expediente.

Estas modificacións corresponderán basicamente ás sinaladas a continuación:

a) Transformación de 28 piscinas cadradas existentes, dándolles forma circular, e modificando as súas soleiras, drenaxes, abastecementos de auga, cubertas e corredores de acceso, cunha superficie total de cultivo de 610,96 m (21,82 m cada piscina).

b) Construcción de dúas naves para 21 novas piscinas, co seguinte detalle:

Nave A con superficie 519,79 m, onde se instalarán 13 piscinas cunha superficie total de cultivo 231,42 m, (17,8 m cada piscina).

Nave B con superficie de 337,69 m onde se instalarán 8 piscinas cunha superficie total de cultivo 142,4 m, (17,8 m cada piscina).

Segunda: do remate das obras darase conta á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para a súa inspección e elaboración do correspondente informe. A posta en funcionamento e explotación das instalacións, unha vez modificadas, farase no prazo máximo de dous anos contados a partir da publicación da presente orde.

Terceira: esta autorización non implica ampliación nin modificación na ocupación do dominio público marítimo terrestre inicialmente outorgado, nin da capacidade anual de producción do establecemento; nin exime o seu titular da obriga de contar coas autorizacións pertinentes doutros organismos en función das súas competencias na materia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246 do 22)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura