1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Gondomar.
b) Dependencia: secretaría xeral.
c) Número de expediente: 28/1999.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: actualización das instalacións de iluminación pública viaria no termo municipal de Gondomar, zonas de: A Muralla, A Áspera, A Igrexa, Vilas e Os Borreiros (PIEL 99).
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: Gondomar.
d) Prazo de execución: 3 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe: trece millóns catrocentas once mil vintesete pesetas (13.411.027), que inclúe 515.809 ptas. por honorarios de redacción do proxecto, o pagamento das cales adiantará o concello deducíndollo ó contratista da primeira certificación.
5. Garantías.
Provisional: 2% do prezo de licitación.
Definitiva: 4% do prezo de licitación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Gondomar.
b) Domicilio: praza Doutor Latino Salgueiro, s/n.
c) Localidade: Gondomar. Código postal: 36380.
d) Teléfono: 986 36 02 50.
e) Telefax: 986 36 08 75.
f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos: acreditar solvencia.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: cando se cumpran 13 días desde a última publicación deste anuncio.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.
c) Lugar de presentación: Concello de Gondomar.
1º Entidade: concello.
2º Domicilio: praza Doutor Latino Salgueiro, s/n.
3º Localidade: Gondomar. Código postal: 36380.
d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses a partir da apertura das ofertas.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Gondomar.
b) Domicilio: praza Doutor Latino Salgueiro, s/n.
c) Localidade: Gondomar.
d) Data: o día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, agás sábados.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Gondomar, 23 de xullo de 1999.
Alejandro Gómez Garrido
Alcalde accidental

