1. Entidade adxudicadora: Concello de Montederramo.
2. Obxecto do contrato: execución das obras:
-Abastecemento en Vilariño Frío.
-Pavimentación de accesos a Valdarias, Alén, Abeledos e Praducelos.
-Rede de sumidoiros en Montederramo e Fontedoso.
Prazo: 3 meses.
3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.
4. Tipo de licitación: 8.230.000 ptas.; 9.510.896 ptas. y 6.352.610 ptas., respectivamente.
5. Garantías: provisional: o 2% do tipo de licitación; definitiva: o 4% do mesmo tipo.
6. Obtención de información e documentación: Concello de Montederramo, Pz. Montederramo, 28, Montederramo, 32750. Teléfono: 988 29 20 00, telefax: 988 29 20 71.
7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación non requirida.
8. Presentación de proposicións: no concello de Montederramo (Ourense) durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). De 9 á 14 horas de luns a venres no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 10.1 do prego de condicións.
Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de tres sobres pechados, A, B e C, denominados: de documentación xeral, proposición económica e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contido da documentación que se sinala nas cláusulas X e XI dos pregos de condicións particulares.
9. Apertura das ofertas: ás 13 h do sexto día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (a estos efectos o sábado considerarase inhábil).
10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
11. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta maior información.
Montederramo, 22 de xullo de 1999.
O alcalde
Rubricado

