O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o pasado día dez de xuño de mil novecentos noventa e nove, acordou prestar aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe do Servicio de Xestión e Disciplina Urbanística, coa finalidade de concreta-las determinacións de edificabilidade que conteñen as fichas das súas unidades de actuación remitidas a planeamento de desenvolvemento por plans especiais de reforma interior, nos termos do informe emitido o pasado 3 de xuño polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, coas modificacións que resulten se é o caso, das observacións contidas nel, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.
Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.
Pontevedra, 13 de xullo do 1999.
Miguel Fernández Lores
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral

