1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilardevós. Expediente número: 101/01/1999, da obra pavimentación en Traseirexa e outros correspondente ó plan complementario ó Plan Base (PB) 1999.
2. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, orzamento: 5.625.000 ptas. (IVE incluído).
3. Garantía provisional: 112.500 ptas.
4. Presentación das proposicións: no rexistro xeral do Concello de Vilardevós, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de trece días naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación no BOP ou no DOG (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).
Vilardevós, 16 de agosto de 1999.
José Luis Pérez García
Alcalde

