Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Venres, 27 de agosto de 1999 Páx. 10.708

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS SANTA ÁGUEDA

EDICTO.

Faise público que o Pleno da Mancomunidade en sesión de data 27-5-1999, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Acepta-la delegación conferida polos referidos concellos de Amoeiro, Coles, A Peroxa e Vilamarín que engloba o IBI, IVTM, IAE, taxas e prezos públicos e que comprende os seguintes extremos:

a) A confección, mantemento e conservación dos padróns impositivos, de acordo cos datos que subministren os concellos, a elaboración e emisión de recibos, documentos cobratorios e liquidacións por ingreso directo.

b) A liquidación das correspondentes débedas, a inspección e a comprobación delas, tamén a concesión e denegación de bonificacións e mesmo os aprazamentos e fraccionamentos de pagamentos que procedan.

c) A notificación individual e colectiva das débedas e mesmo a resolución das reclamacións que se presenten ó respecto.

d) A proposta e resolución das baixas que procedan.

e) A devolución de ingresos indebidos segundo dispoñen os artigos 155 e 156 da Lei xeral tributaria, artigo 1º da Lei de dereitos e garantías dos contribuíntes, consonte co establecido no artigo 14 da Lei 39/1988, modificado polo artigo 18.9º da Lei 50/1998 e mesmo tramitar e resolve-los recursos que procedan.

f) O establecemento e regulación dos períodos de cobranza, que en todo caso non superará o 31 de outubro.

g) A confección, publicación e exposición ó público da matrícula do IAE segundo dispoñen o artigo 9º da Lei 39/1988 e o R.D. 243/1995, a resolución das reclamacións e mesmo as notificacións e outras publicacións que procedan.

h) Recoñecer beneficios fiscais segundo dispoñen os apartados 1º e 2º do artigo 9 da Lei 39/1988, modificado polo artigo 18.5º da Lei 50/1998.

i) Dictar providencia de constrinximento, expedir relacións certificadas de debedores por valores en recibo, certificacións de descuberto e establece-las recargas e xuros de demora tal e como establece a lexislación vixente.

k) Dispoñe-las actuacións necesarias para a asistencia e información ó contribuínte referidas ás anteriores materias.

Segundo.-Que a Mancomunidade Santa Águeda formulará nos prazos regulamentarios as correspondentes contas de recadación e practicará liquida

cións á conta por aproximadamente o montante do recadado con carácter trimestral, a non ser en períodos de cobranza en voluntaria nos que se practicarán liquidacións mensuais. A última liquidación do exercicio efectuarase o mes de decembro. En todo caso as citadas liquidacións aboaranse na primeira quincena do mes que corresponda.

Terceiro.-A presente delegación estará vixente ata o 31-12-1999 e entenderase automaticamente prorrogada por anos naturais se ningunha das partes a denunciase antes do primeiro de outubro do ano prorrogado.

Cuarto.-O presente acordo entrará en vigor unha vez publicado no BOP e no DOG.

Coles, 31 de maio de 1999.

Eladio Pérez Moure

Presidente