Manuel Vicente Brioso Jiménez, tenente de navío da reserva naval activa, instructor designado para o expediente administrado número 43/1999, sobre o achado de tres globos hidráulicos.
Fago saber: que o día 24 de abril de 1999 foron achados por Frank Vega Pita, cando realizaba traballos de extracción, tres globos hidrostáticos na bocana da ría de Ares-Betanzos, un dos cales está totalmente destrozado, sendo contratado para o efecto polo patrón do pesqueiro Gocamar.
Os ditos globos atópanse depositados na embarcación Buzos da quinta lista da Coruña con base no porto de Lorbé.
O que se fai público de acordo co disposto no artigo 48 da Lei 60/1962, con data do 24 de decembro (BOE nº 310), co fin de que a persoa que se crea con algún dereito sobre o mencionado achado, compareza nesta Comandancia Militar da Mariña da Coruña, para expoñe-lo que crea conveniente dentro do prazo de seis meses contados desde a publicación do presente edicto.
Transcorrido o dito prazo sen terse presentado ningunha reclamación, procederase de acordo coa lei.
A Coruña, 5 de xullo de 1999.
Manuel V. Brioso Jiménez
Instructor

