Aprobado inicialmente por resolución desta alcaldía do 27-7-1999 o estudio de detalle promovido por Rosa Ramos Rivas para a fixación de aliñacións nunha parcela situada en Cubiliño-Taragoña deste concello, exponse ó público polo prazo dun mes para efectos de alegacións.
Rianxo, 27 de xullo de 1999.
Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde

