Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

Nº 92/P.0.S.99 Castro de Rei.

C.P. Cinto comarcal intersección en Reguntille.

16.300.0009 meses-
Nº 273/P.0.1.99 Portomarín.

Conducción augas residuais zona norte localidade a depuradora municipal e mellora conducción auga potable ás zonas de San Pedro e Barco.

10.000.0003 meses-
Nº 277/P.0.L.99 Taboada.

Saneamento e depuración na parroquia de Xián.

10.000.0006 meses-
Nº 287/P.0.1.99 Friol.

C.P. De circunvalación de Friol, afirmado e terminación, p.k. 0 a 3,27.

70.000.00012 meses Grupo G,

subgrupo 6,

categoría D

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención de documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se indica no encabezado (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia; se o último día coincide en domingo ou festivo, o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral, das 10 ás 14 horas.

-Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

-Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

-Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación da suficiencia de poderes farase especificamente para este concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 24 de agosto de 1999.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Francisco J. Giménez Miralles

Secretario Deputación Provincial de Lugo en funcións