Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 10.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, proxectos de investigación empresariais e de bolsas de predoutoramento correspondentes ó programa de biotecnoloxías do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado nos anexos I , II e III da Orde do 12 de febreiro de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 24 de febreiro).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 24 de febreiro), aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación aplicada (anexo I), proxectos de investigación empresariais (anexo II) e para bolsas predoutorais para a realización de teses de doutoramento (anexo III), do programa de biotecnoloxías do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Nas bases 4, 8 e 6 dos anexos I, II e III, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións designadas polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada polas citadas comisións, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo I e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de

selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Terceiro.-Concede-las axudas axudas para a realización de proxectos de investigación ás empresas que se relacionan no anexo II da presente resolución, na contía e polas anualidades que en cada caso se sinalan.

Cuarto.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo II e que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a orde de prioridade imposta polas dispoñibilidades orzamentarias.

Quinto.-Concederlles bolsas de nova adxudicación para a realización da tese de doutoramento, durante o período do 1 de outubro de 1999 ó 30 de setembro do 2000 (ámbolos dous incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo III da presente resolución.

Sexto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 12 de febreiro de 1999 (DOG do 25 de febreiro), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Sétimo.-Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nembargantes, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 1999.

Miguel Ángel Ríos Férnández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO I

Investigador

principal

TítuloCódigoAnos1ª anualidade

(pesetas)

2ª anualidade

(pesetas)

3ª anualidade

(pesetas)

TOTAL

(pesetas)

Alegre Arribas, María TeresaDesenvolvemento de vectores de clonación e dun sistema de transformación para a manipulación xenética de bacterias lácticas de uso alimentarioPGIDT99BIO2910136.700.0001.800.000 500.0009.000.000

Investigador

principal

TítuloCódigoAnos1ª anualidade

(pesetas)

2ª anualidade

(pesetas)

3ª anualidade

(pesetas)

TOTAL

(pesetas)

Anadón Álvarez, RamónDesenvolvemento e interrelacións entre sistemas peptidérxicos e aminérxicos no encéfalo de peixes: estudio ontoxénico e filoxénico usando marcadores inmunocitoquímicos, de proliferación e trazadores neuronaisPGIDT99BIO2000228.900.0002.900.000011.800.000

Mato de la Iglesia, SalustianoPlanta piloto para a biodixestión de residuos derivados da fabricación de pasta de papel.PGIDT99BIO3010133.000.0001.500.0001.500.0006.000.000

Naveira Fachal, HoracioArquitectura xenética dos mecanismos de illamento reproductivo, ensaio de mutaxénese insercional e illamento de xenes de especiación en drosophila.PGIDT99BIO1030236.800.0001.800.000 400.0009.000.000

Nogueira Álvarez, MontserratMecanismo molecular de protimosina alfa como modificador da resposta biolóxica.PGIDT99BIO2000137.300.0001.800.000 400.0009.500.000

Noguerol Seoane, ÁngelaColonización das argamasas por cianobacterias e algas en edificios de Galicia. Estudio da biodeterioración.PGIDT99BIO1030124.500.0001.200.000 05.700.000

Riguera Vega, RicardoAntibióticos e probióticos de bacterias mariñas como protectores do crecemento de larvas en acuicultura.PGIDT99BIO2090135.500.0002.700.0001.800.00010.000.000

Villamarín Cid, José AntonioCaracterización de sistemas de transducción de sinais mediados

por nucleótidos cíclicos en moluscos bivalvos.

PGIDT99BIO2610135.300.0001.300.000 400.0007.000.000

ANEXO II

EmpresaProxecto1ª anualidade

(pesetas)

2ª anualidade

(pesetas)

TOTAL

(pesetas)

BionovaProducción intensiva de microalgas mariñas concentradas.6.500.00006.500.000

Coren, Cooperativas Orensanas,

S. Coop. Ltda.

Estudio e tipificación de estirpes porcinas, índices productivos, rendementos en matadoiros e parámetros da calidade da carne.5.000.0001.200.0006.200.000

Total11.500.0001.200.00012.700.000

ANEXO III

ApelidosNomeDNI

Sande LandeiraEsther35.462.061

Prado CastroMaría Jesús32.645.044