Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 10.979

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 17 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, para premia-las mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede Europea de Educación do Consumidor.

O Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria teñen esta

blecidas liñas de actuación conxunta para impulsa-las actividades para o desenvolvemento da educación do consumidor nos centros escolares.

A Rede Europea de Educación do Consumidor é un proxecto para a realización de actuacións coordinadas, de accións de formación e información, intercambio de experiencias, e para a realización de materiais curriculares sobre a educación do consumidor na escola.

En consecuencia co anteriormente exposto

DISPOÑEMOS:

Primeiro.-Obxecto.

A convocatoria ten por obxecto convocar premios destinados ás mellores memorias e anexos dos

proxectos educativos desenvolvidos no marco da Rede Europea de Educación do Consumidor, e a aprobación das súas bases de concesión.

Segundo.-Dotación económica.

A contía do premio será de 2.400.000 pesetas, a razón de 200.000 pesetas como máximo a cada memoria, seleccionándose un máximo de 12 traballos.

O pagamento dos premios farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.50.343-A.640.0 dos orzamentos do Instituto Galego de Consumo para 1999.

Terceiro.-Bases.

1. Poderán participar nesta convocatoria todos aqueles centros educativos de niveis non universitarios da Comunidade Autónoma galega, que desenvolvan proxectos no marco da Rede Europea de Educación do Consumidor.

2. Para concursar é necesario presentar unha memoria do traballo realizado durante o curso 1998/1999, que deberá explicita-los aspectos establecidos no punto quinto das presentes bases.

3. As memorias que concursen deberán presentarse en soporte papel e en soporte informático, por duplicado, no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou do Instituto Galego de Consumo, a través das distintas delegacións provinciais ou polas canles establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de proceder ó envío certificado por correo, a instancia que se debe xuntar ó traballo estará datada e cuñada pola oficina de correos antes da súa certificación.

4. Os traballos que se presenten deberán ir xunto coa seguinte documentación:

a) Instancia dirixida ó director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asinada polo coordinador ou coordinadora do proxecto, segundo o modelo do anexo I desta resolución.

b) Memoria descritiva, dun máximo de 10 folios da primeira fase do proxecto, na que se reflectirán os obxectivos e contidos desenvolvidos, a metodoloxía empregada, as datas de realización, enlaces coas seguintes fases, e criterios e procedementos de avaliación. Igualmente deberá consta-la valoración do profesorado e do alumnado, agás a do alumnado de educación infantil, sobre o traballo realizado respecto da consecución dos obxectivos previstos.

c) Anexos dos traballos ou actividades realizados polos alumnos e alumnas durante a experiencia.

5. O prazo de presentación da documentación comezará o día seguinte ó da publicación no DOG da presente resolución, e rematará o 30 de setembro de 1999.

6. Os traballos que concursen e se axusten a esta convocatoria serán examinados e avaliados por un xurado nomeado polo presidente do Instituto Galego de Consumo e o director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

O xurado, se é o caso, poderá contar co asesoramento de especialistas.

7. A decisión do xurado, que será publicada no DOG, será inapelable e poderá ser declarado deserto calquera dos premios anunciados ou, se é o caso, e, se o xurado o determina, ser acumulados entre si ou compartidos.

8. A participación na convocatoria supón a aceptación de tódalas súas bases, así como a cesión do dereito da propiedade dos traballos, nos que poderán introducirse as variacións que se consideren máis axeitadas á súa finalidade.

O Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderán proceder conxuntamente á reproducción, publicación e divulgación dos traballos premiados, que quedarán na súa propiedade.

9. A administración educativa poderalles recoñecer ós participantes avaliados positivamente, mediante expedición de certificado, as actividades de innovación realizadas dentro desta convocatoria.

Disposición derradeira

Nos aspectos non previstos na presente resolución haberá que aterse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 1999.

José Luis Mira Lema JorgeJ. Rodríguez Vázquez-Molezún

Director xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto Galego

Educativa e de Formación Profesionalde Consumo