Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 10.990

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999 pola que se convoca unha xornada de estudio sobre o Regulamento de disciplina urbanística de Galicia.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1999 e de acordo coas funcións atribuídas a esta pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase unha xornada de estudio sobre o Regulamento de disciplina urbanística de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Urbanismo e coa Revista de Derecho Urbanístico.

As bases pola que se rexerá esta convocatoria son as seguintes:

1. Obxectivos.

Amplia-los coñecementos dos asistentes sobre os aspectos máis salientables do regulamento que titula esta xornada, peza clave no ordenamento urbanístico da Comunidade Autónoma galega.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A disciplina urbanística: lexislación aplicable. As súas características xerais. Natureza, obxecto e finalidade. Licencias urbanísticas: actos suxeitos; actos promovidos por administracións públicas.

-A disciplina urbanística e o deber de conservación e ruína. Medidas. Ordes de execución. Declaración de ruína. Edificacións fóra de ordenación.

-Medidas para a restauración da legalidade urbanística.

-Infraccións e sancións.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

Lugar e data: a xornada convocada desenvolverase no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid 2-4, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela) o día 27 de setembro de 1999.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 23 de setembro de 1999.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de

Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 37.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando o día 24 de setembro, por teléfono, de 10 a 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento da xornada, así como a de cancelala, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate desta xornada, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a ela, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e a data da súa realización.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública