Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.028

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

DISTRIBUCIONES CASLI, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA

ANUNCIO.

Por acordo unánime da asemblea xeral realizada no domicilio social, Rúa do Franco, nº 23, baixo, de Lugo, o día 21 de xullo de 1999, acórdase:

Aumenta-lo capital social na cantidade de seis millóns de pesetas, quedando modificado o artigo 47 e o parágrafo 1 do artigo 48 dos estatutos sociais, que quedarán coa seguinte redacción:

«Artigo 47.-Capital social mínimo. O capital social mínimo co que pode funciona-la cooperativa e que deberá estar totalmente desembolsado desde a súa constitución, fíxase na cantidade de seis millóns cincocentas mil seiscentas cincuenta e cinco (6.500.655) pesetas, equivalentes a trinta e nove mil sesenta e nove con setenta e dous (39.069,72).

Artigo 48.-Contribucións obrigatorias.

1. A contribución obrigatoria mínima para ser socio traballador, será de trinta e dúas mil pesetas, que compoñen títulos nominativos de dous millóns cento sesenta e seis mil oitocentas oitenta e cinco (2.166.885) pesetas, e esta cantidade deberá estar totalmente desembolsada para adquiri-la condición de socio».

Lugo, 22 de xullo de 1999.

José Castro Fernández

Presidente do consello rector