Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Marbán. (Expediente 7-1/1997).

Examinado o expediente instruído por instancia de Enerxías Ambientais, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Bugallal Marchesi 10, 1º esquerda, 15008 A Coruña, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Monte Marbán, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 23 de marzo de 1999, Ignacio Aguiriano Ramudo, en nome e representación de Energías Ambientales, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución do parque eólico denominado Monte Marbán, de 11,4 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública por Resolución do 29 de marzo de 1999, para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas; 2619/1996 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOP da Coruña o 14 de abril de 1999; no xornal El Ideal Gallego, o 7 de abril de 1999 e no DOG do 9 de abril de 1999.

Cumpridos os prazos de información pública, non se recibiron alegacións.

Terceiro.-O 16 de xullo de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

Nome: Monte Marbán

Concello: As Somozas, Seixas e As Enchousas

Vértices:

X Y

0.589.111 4.823.162

0.588.642 4.822.536

0.588.826 4.820.886

0.589.022 4.820.886

0.589.785 4.822.309

0.589.785 4.822.833

Nº de aeroxeradores: 19.

Potencia unitaria por aeroxerador: 600 kW.

Potencia total instalada: 11,4 MW.

Producción anual estimada: 26.220 MWh/año.

Investimento previsto: 1.919.191.000 ptas.

Cuarto.-O 12 de xullo de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de derecho.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autorizar a Energías Ambientales, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Monte Marbán, concello das Somozas.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Energías Ambientales, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 38.383.820 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1, número 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 1.919.191.000 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Energías Ambientales, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberaa inscribir rexistro de instalacións de producción de enerxía eléctrica no réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se e o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento das condicións impostas nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 12 de xullo de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte

ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados podan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria