Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/183-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. travesía do Albariño 7.

Situación: Cambados.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 624 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. CDB 805, entre os CC.TT. Santo Tomé e grupo escolar, alimentando o C.T. que se proxecta na travesía do Albariño 7, concello de Cambados, rematando na mesma liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 50 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Pontevedra, 28 de xullo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra