Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición dun automóbil para o servicio do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto para a adquisición dun automóbil para o servicio do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

Obxecto: adquisición dun automóbil para o servicio do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) da Illa de Arousa.

Orzamento de licitación: dous millóns setecentas mil pesetas (2.700.000 ptas., 16.227,33 euros) IVE e demais impostos incluídos.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 108.000 ptas.

Prazo de entrega: un mes contado a partir da sinatura do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Náutico e Marítimo-Pesqueiras (Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela (edificio administrativo San Caetano) así como nas delegacións territoriais desta consellería, durante o prazo de presentación de ofertas, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, deberase remitir un telegrama ou fax á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será feita pola mesa de contratación, que se reunirá nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ás 10.30 horas do quinto día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación