Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

A Alcaldía Presidencia, con data do 3 de agosto de 1999, dictou a seguinte resolución:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación redactado polos servicios municipais para proceder á expropiación dos bens e dereitos afectados polo expediente incoado para proceder á supresión do tapón existente na zona denominada Travesía Fogar Calvo Sotelo, ascendendo o valor total a dous millóns setecentas once mil duascentas corenta e dúas (2.711.242) pesetas, para o que existe consignación na partida 14.432.60002.95 do orzamento municipal.

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal ós interesados nos termos que prevé o artigo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo isto para os efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado nas dependencias

do Servicio de Urbanismo deste concello, de luns a venres, de 12 a 13 horas, e presentar cantas alegacións considere oportunas na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 4 de agosto de 1999.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda