Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 1 de setembro de 1999 pola que se autoriza definitivamente a apertura e funcionamento do centro privado Bouza Brey de Vigo (Pontevedra).

Examinado o expediente instruído por instancia do titular do centro privado Bouza Brey de Vigo (Pontevedra), no que se solicita autorización para a súa apertura e funcionamento.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la apertura e funcionamento do centro privado Bouza Brey, e, como consecuencia disto, establece-la configuración definitiva do centro existente no mesmo edificio ou recinto escolar, segundo se especifica no anexo.

Segundo.-Antes do inicio das ensinanzas que pola presente orde se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro.

Terceiro.-O centro de educación secundaria que pola presente orde se autoriza, deberá cumpri-la norma básica da edificación NBE-CPI/1996, de condicións de protección contra incendios nos edificios, aprobada por Real decreto 2177/1996, do 4 de outubro (BOE do 29). Todo isto sen prexuízo de que teñan que cumprirse outros requisitos esixidos pola normativa municipal ou autonómica.

Cuarto.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revi

sión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: r/ Baixada a San Xoán, 167.

Código do centro: 36024057.

Denominación específica: Bouza Brey.

Titular: Cooperativa Bouza Brey.

Composición resultante:

a) Centro de educación infantil: 3 unidades (2º ciclo).

b) Centro de educación primaria: 6 unidades.

c) Centro de educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Bacharelato: 2 unidades de Ciencias da Natureza e a Saúde.

e) Bacharelato: 2 unidades de Humanidades e Ciencias Sociais.